Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 julio, 2024
O vindeiro domingo 28 xullo, dentro do programa das Festas do Apóstolo, celebrarase un ano máis o TradFest Compostela, unha celebración da música popular actual con concertos, feira de artesanía, ruadas e actividades que se desenvovlerán no parque e igrexa de san Domingos de Bonaval e na praza da Quintana. Este evento, producido por aCentral Folque e Nordesía conta co apoio do Concello de Santiago e de La Voz de Galicia. Da feira de artesanía, que contará con 28 postos con produto galego, encárgase Mónica Mejías da produtora Correveydile.
A propia Mónica e Mauro Sanín de aCentral Folque participaron este martes en Radio Líder Santiago onde deron a coñercer todos os detalles desta nova edición do TradFest que traerá este domingo a Compostela propostas musicais de varios países misturado coa artesanía do país.
O TradFest é unha festa da música popular ou romaría con artistas galegos e internacionais que ofrecerán o vindeiro domingo 28 de xullo diversas estéticas arredor dos cantos, os bailes, a tradición, a contemporaneidade… en varios palcos do parque e da igrexa de Bonaval, finalizando a xornada na praza da Quintana. Para este ano, o elenco contempla artistas internacionais coma Crua e Luís Peixoto desde Portugal, Rholben desde Inglaterra, Le Mange Bal desde Bretaña e o concerto especial de 40º aniversario da mítica banda escocesa Capercaillie. De Galicia estarán Caamaño&Ameixeiras na praza da Quintana, Bailai Malditos (nas ruadas), Cantometrics, Lina e Lola, Os Carecos, Arroutes e Alana no parque de Bonaval e os máis íntimos recitais solistas de Marcos Teira e Ariel Ninas na igrexa de San Domingos.
O acceso ás actuacións será libre e de balde onde toda a veciñanza gozará desta cita musical que é unha oportunidade perfecta para compartir en familia, con amizades e no que a foliada estará garantida.
Resposta ás críticas sobre o Cartel das Festas do Apóstolo
Mónica e Mauro, produtores con ampla experiencia no sector, responderon ás críticas vertidas pola oposición no Concello de Santiago e parte da veciñanza a través das redes sociais sobre a programación das Festas do Apóstolo deste ano, por faltar artistas ou grupos máis populares, e por tanto, de maior reclamo. Ambos aseguran que as críticas hai que saber de onde veñen e quen as di. Aseguran que dende anos atrás, as Festas do Apostólo teñen unha programación moi diversa, atendendo a moitas sensibilidades.
Sobre este asunto, Mauro puntualiza que «menos mal que non lle gusta a todo o mundo porque aí si que teríamos un problema». E engade que menospreciar o traballo de moitas persoas, produtores e artistas é inxusto.
Mónica, pola súa banda, lembra que si este ano a temática foi amosar o que se fai en Galicia, hai que respectalo, ao igual que si para o ano se aposta máis por grupos nacionais ou internacionai, defendendo ambos a elección do cartel e o labor realizado. «Nunca vai chover a gusto de todos», exclamaron.
Ademais, resaltaron que as festividades son o resultado dun esforzo conxunto de numerosos profesionais que buscan ofrecer o mellor para a comunidade. A programación das festas foi deseñada para satisfacer a unha ampla audiencia e contribuír á promoción e divulgación da cultura local. Aseguran que a experiencia e dedicación de quen están detrás destes eventos avalan o seu compromiso coa calidade e a diversidade.
Programa TRADFEST COMPOSTELA 2024
Parque de Bonaval:
Todo o día: Feira de Artesanía e Música
Bailai Malditos (ruadas pola cidade)
De mañá:
12.00 Costeira (na igrexa de San Domingos)
12.30 Cantometrics
13.30 Lina e Lola
De tarde:
14.30 CRUA
15.30 Luís Peixoto
16.30 Os Carecos
17.30 Arroutes
18.30 Alana
18.30 Ariel Ninas (na igrexa de San Domingos)
19.30 Rholben
20.30 Le Mange Bal
Praza da Quintana:
21.30 Caamaño & Ameixeiras 23.15 CAPERCAILLIE. «40º ANIVERSARIO»
A entrevista completa, no seguinte enlace.
Written by: Líder Redacción
artesania Bonaval compostela Entrevista festas do apostolo folk la voz de galicia radio lider santiago santiago tradfest
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)