Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today19 junio, 2025
A Xunta de Galicia vén de anunciar unha nova Oferta Pública de Emprego do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para o ano 2025, cun total de 3.460 prazas, o que supón un incremento de máis de 2.000 respecto á previsión inicial. A oferta terá especial impacto en categorías como enfermaría, TCAE, técnicos sanitarios e celadores.
A academia Premir, especializada na preparación de oposicións sanitarias, abrirá novos grupos de preparación nas súas 7 sedes, cun inicio previsto para a primeira semana de setembro. Ademais, a matrícula será de balde ata o 31 de xullo.
Segundo os datos oficiais, a distribución das prazas será a seguinte:
1.340 prazas para persoal diplomado sanitario
271 prazas para licenciados sanitarios
1.124 prazas para persoal de formación profesional
725 prazas para persoal de xestión e servizos
As categorías con máis oferta son:
Enfermaría: 1.162 prazas + 81 para o turno de discapacidade
TCAE: 975 prazas + 70 para o turno de discapacidade
Celador/a: 198 prazas
PSX: 185 prazas
Grupo Auxiliar da Función Administrativa: 130 prazas
Outras categorías: Técnicos Superiores, Farmacia, Pinches, Fisioterapia ou Traballo Social
Esta nova OPE súmase ás prazas pendentes de convocar doutras ofertas anteriores, co que o total de prazas estatutarias a convocar podería superar as 5.500 nos vindeiros procesos selectivos.
Premir conta cunha ampla experiencia na preparación destas oposicións e recomenda comezar canto antes para chegar aos exames con garantías. En Santiago de Compostela atópase na rúa Pintor Juan Luis, 1, baixo. Máis información no teléfono: 981 59 01 98 e na web www.premir.es
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)