AD

Actualidad

Os autónomos convocan unha manifestación en Santiago o 30 de novembro

today25 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

A mobilización do colectivo de autónomos chegará este sábado 30 de novembro, ás 11:00 horas, ao Paseo Central da Alameda de Santiago, nunha convocatoria que busca visibilizar a situación deste sector e reclamar melloras nas súas condicións laborais.

Baixo o lema “¡Por unas condiciones de trabajo dignas!”, os organizadores esixen condicións xustas, redución das cotas, maior protección social e o recoñecemento real do seu traballo. Trátase dunha protesta impulsada de maneira independente, sen vinculación con partidos políticos nin ideoloxías, e cun carácter pacífico.

A convocatoria nace dende un movemento social promovido a través das redes, no que numerosos profesionais por conta propia aseguran sentirse afogados polo incremento de custos, a carga fiscal e a falta de medidas específicas de apoio. O chamamento pretende reunir a autónomos de toda Galicia para facer visible unha realidade que, segundo denuncian, condiciona a viabilidade de moitos proxectos empresariais.

Os organizadores animan a participar a todas aquelas persoas que queiran apoiar a causa, e lembran que o tecido autónomo é esencial na economía galega e nacional. A manifestación contará tamén cun espazo informativo accesible mediante un código QR incluído no cartel oficial da convocatoria.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *