Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 enero, 2025
As borrascas Ivo e Herminia deixaron en Santiago numerosas incidencias nos últimos catro días, que motivaron ata 76 intervencións dos bombeiros desde o pasado domingo ata o mediodía de hoxe. A maioría delas, 35, foron para a retirada de árbores danadas polos fortes ventos.
A borrasca Herminia foi a que deixou máis incidencias en Santiago. O Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento realizou 22 intervencións no domingo 26 de xaneiro; e 29 no luns 27. Onte foron 13 as saídas dos bombeiros, e ao longo da mañá de hoxe contabilizáronse unha ducia.
Por tipoloxía, a maioría das incidencias son derivadas dos fortes ventos que trouxeron consigo as tempestades Herminia e Ivo. Así, foi precisa a retirada de ata 35 árbores, a inmensa maioría delas na zona rural. Fixéronse 16 actuacións de saneamento de fachadas e tellados, por elementos desprendidos ou con risco de desprendemento polos refachos de aire; e actuouse tamén en cinco puntos por mor de problemas con postes ou cableado eléctrico. Por último, os bombeiros actuaron en cinco puntos por anegamentos ou balsas de auga.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)