Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today22 noviembre, 2024
O Clúster da Comunicación de Galicia celebrou esta noite a IX edición dos Premios Paraugas, que destacan aos mellores traballos de comunicación, márketing e publicidade de Galicia
Repartíronse un total de 18 galardóns en categorías de comunicación, creatividade, márketing, deseño, impresión ou eventos, destacando o Paraugas de Ouro para a campaña El robo del año de Imaxe-Proximia-Estrella Galicia
Os Premios Honoríficos desta IX edición foron para a xornalista viguesa María Rey, en Comunicación, e os creativos Marta Rico e Miguel García Vizcaíno en Creatividade
Ferrol, 22 de novembro de 2024. – A industria galega da comunicación viviu a súa noite grande este veres en Ferrol. O Teatro Jofre foi o escenario dos mellores proxectos de comunicación do ano na gala dos IX Premios Paraugas, organizados polo Clúster da Comunicación de Galicia. Axencias e empresas de toda Galicia pasaron polo teatro para gozar dunha gala divertida e amena onde os protagonistas foron os proxectos gañadores nas 18 categorías. O xurado premiou ós proxectos realizados en Galicia nas áreas de comunicación, márketing, publicidade ou eventos que destacan pola súa innovación, funcionalidade, boas prácticas e resultados obtidos. Unha forma de demostrar a gran calidade e impacto da industria galega da comunicación, que conquista coas súas ideas e bo facer a empresas e institucións tanto da comunidade como a nivel nacional. Un dos premios máis destacados, o Paraugas de Ouro, foi para a campaña “El robo del año” coa que Estrella Galicia sorprendeu na última noitevella, unha idea das axencias Imaxe e Proxima. O Premio do Público, que se entregou por primera vez nesta edición, foi para Xulia Vicente pola campaña “O que nada ten, nada lle falta”. Vicente recibiu tamén o galardón de Novos Talentos. A gala conducíronna os presentadores Duarte Galbán e Marita Martínez.
Un dos momentos máis emotivos da gala foi a entrega dos Premios Honoríficos, un recoñecemento á traxectoria da xornalista viguesa María Rey, en Comunicación, e aos creativos Marta Rico e Miguel García Vizcaíno en Creatividade. No evento tamén estiveron presentes distintas institucións e patrocinadores, mostrando o seu apoio a unha industria que non deixa de medrar e crear emprego e innovación en todos os eidos. Jose Manuel Rey Varela, alcalde de Ferrol, abriu a gala como anfitrión da cidade. Tamén estiveron presentes Pedro Rojo, Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia; Xosé Regueira, Vicepresidente da Deputación da Coruña; Martina Aneiros Barros, delegada territorial de la Xunta de Galicia en Ferrol; María José Mariño, directora da área de talento e transferencia de GAIN; Francisco Barea, presidente de la Autoridad Portuaria de Ferrol San Cibrao, así como Alberto Garnil, presidente do Clúster da Comunicación de Galicia e a Xunta Directiva do mesmo.
Os IX Premios Paraugas contaron con patrocinio da Xunta de Galicia, Concello de Ferrol, Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, CESUGA e Deputación da Coruña.
LISTA DE PROXECTOS GAÑADORES:
CATEGORÍA IMPRESIÓN
Premio Paraugas ao Mellor Traballo de Impresión en Papel
Pisando charcos – Almudena Fernández Fariña-CGAC. Gráficas Anduriña
Mellor Traballo Impreso en Gran Formato
Hotel Hesperia Sevilla – Imprimeverde
CATEGORÍA DE DESEÑO
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico
Branding Ataquilla – Tio Phil-Ataquilla (Afundación)
Premio Paraguas ao Mellor Deseño Industrial ou de Producto
Mesas trillizas – León López de la Osa González
Premio Paraguas ao Mellor Deseño Dixital
Web Ginebra PA311 – Tio Phil
CATEGORÍA CREATIVIDADE
Premio Paraugas á Mellor Idea
Que este Black Friday te pille entrenado – Recados Carmen-Fnac
Premio Paraugas á Mellor Campaña
R Voemos – Imaxe- Proximia-R (grupo MasOrange)
Premio Paraugas ´á Mellor Produción (Craft)
Nova York – Imaxe-60 Ráfagas-Ratibrom
CATEGORÍA MÁRKETING
Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Márketing
El robo del año – Plan Cabo Suelto-Estrella Galicia-Imaxe-Proximia
Premio Paraugas á Mellor Acción de ‘Branding’
Non pode ser máis de aquí – RC Celta de Vigo
Premio Paraugas á Mellor Experiencia de Marca
A Nosa Verbena – Idea Creatividad-Estrella Galicia
CATEGORÍA COMUNICACIÓN
Premio Paraugas á Mellor Estratexia Global de Comunicación
A responsabilidade social de comunicar sobre a minería – Atrevia- Cámara Oficial Mineira de Galicia
Premio Paraugas á Mellor Práctica/Estratexia de Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial
B Corp_Arreglando el mundo – Imaxe-Proximia-Estrella Galicia
CATEGORÍA EVENTOS
Premio Paraugas ao Mellor Congreso Profesional ou Evento Corporativo
New Space España 2024 – Bannister Global-Alén Space
Premios Paraugas ao Mellor Evento Cultural, Gastronómico ou Musical
Festival Creativa 2024 – Chachacha Studio
PREMIOS ESPECIAIS
Premio Paraugas Novos Talentos e Premio do Público
O que nada ten, nada lle falta – Xulia Vicente
Premio Paraugas de Ouro
El robo del año – Plan Cabo Suelto-Estrella Galicia-Imaxe-Proximia
O Clúster da Comunicación de Galicia
O Clúster da Comunicación de Galicia ten o obxectivo de reunir aos profesionais do sector, a toda a cadea de valor da industria en Galicia, poñendo en valor ás súas empresas e profesionais do márketing, comunicación, deseñadores, creativos, axencias de publicidade, axencias de medios, eventos ou impresores. Actualmente está integrado por 233 entidades, entre as que se atopan empresas, asociacións e centros tecnolóxicos ou de formación.
O Clúster da Comunicación de Galicia organiza os Premios Paraugas desde o ano 2016 e con el búscase poñer en valor a calidade do traballo feito desde a comunidade, así como enxalzar a función da creatividade, o deseño, a impresión, a edición, o márketing, a comunicación e os eventos como medio para aumentar a competitividade e a capacidade de innovación do tecido empresarial de Galicia.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)