Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Santiago de Compostela foi escenario nesta pasada madrugada de dous novos roubos en diferentes establecementos comerciais, un deles situado na zona vella e o outro no Ensanche.
O primeiro suceso rexistrouse en torno ás 02:30 na crepería CreCotte, ubicada na praza da Quintana. Segundo informa El Correo Gallego por fontes da propiedade, en este roubo participaron dous homes. Un deles conseguiu acceder ao interior do local por unha xanela. Unha vez dentro, «arrancou a caixa rexistradora e lanzouna á rúa, onde agardaba outra persoa para levala». Non obstante, a presenza policial evitou o roubo, segundo indican os propietarios da crepería. Trascendeu tamén que hai unha persoa detida por este intento de roubo.
Poucas horas máis tarde, en torno ás 05.30 horas na Rúa Xeneral Pardiñas, número 28, a tenda de cosméticos Kiko Milano amenceu con danos na súa porta, o que fixo sospeitar dun intento de roubo. Segundo as fontes consultadas por Radio Líder Santiago os ladróns accederon ao local rompendo a porta principal para levar os cartos da caixa rexistradora, sen precisar a cantidade. Segundo explican as mesmas fontes a activación da alarma fixo que os cacos fuxiran do establecemento sen levar ningún produto dos estantes.
A Policía Nacional desprazada ata a zona investiga este incidente e recolle pistas sobre os posibles autores. Pese ao ocorrido, o negocio puido abrir ao público con normalidade.
Estes dous roubos súmanse a outros dous rexistrados hai poucos día na cidade, tamén de madrugada, un deles na xoiaría Camilo Regueira, situada en San Miguel dos Agros, preto de San Martiño Pinario e da Catedral de Santiago.
Neste caso, os ladróns utilizaron unha grella de ferro fundido dunha alcantarilla, romperon o cristal blindado do mostrador e levaron principalmente pezas de ouro.
Na mesma noite do pasado 26 de marzo, as autoridades tamén tiveron coñecemento doutro roubo na capital galega.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)