AD

Actualidad

Os parques infantís das prazas de Galicia e Vigo reabren tras a súa posta a punto

today6 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

Os parques infantís da Praza de Galicia e da Praza de Vigo reabren este martes á veciñanza despois da súa posta a punto. Pola súa parte, continúan os traballos na Praza de Agros de Ramírez (Praza Roxa), que pechou o pasado luns para executar os traballos de reparación do firme do parque e substitución e reparación de elementos, entre outros traballos.

Esta actuación que leva a cabo a Concellaría de Servizos Básicos Comunitarios, Parques e Xardíns e Vías e Obras, que dirixe Xesús Domínguez, se corresponde coa contratación de actuacións urxentes de reparación en tres parques infantís, adxudicado a OURI ENTRETENIMIENTOS SL por un total de 54.497,10 euros.

O prazo de execución total é de dous meses, polo que está previsto que no mes de maio rematen as actuacións no parque da Praza Roxa.

As obras consisten no reforzo e mellora do pavimento, subministración e colocación de céspede artificial e reparación ou susbtitución de diversos elementos de xogo, así como traballos menores de reaxuste e pintura.

Contrato de mantemento

Adicionalmente, a xunta de goberno local aprobou o 30 de abril o expediente de contratación do Servizo de conservación e mantemento integral das áreas de xogo infantís do Concello de Santiago de Compostela, cun orzamento base de licitación de 1.236.111,84 euros (IVE incluído).

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *