AD

Actualidad

Os socialistas denuncian que Santiago está “máis sucia ca nunca” e rexeitan subir a taxa do lixo

today24 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • O grupo municipal socialista anunciou este mércores que votará en contra das ordenanzas do lixo, que se debaterán no Pleno impulsadas polo Goberno da señora Sanmartín, por consideralas “unha chapuza” e denunciar que a cidade está “máis sucia ca nunca”.
  • As e os socialistas advirten que as normas carecen de seguridade xurídica, non atenden as alegacións presentadas e pretenden cobrar máis por un servizo que non se presta en condicións.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista anunciou hoxe en rolda de prensa que votará en contra da ordenanza de xestión de residuos e da ordenanza fiscal da taxa do lixo que o Goberno local levará ao Pleno de mañá. As e os socialistas consideran que ambas propostas presentan graves deficiencias legais e técnicas, ao tempo que denuncian a pésima prestación actual do servizo.

O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, subliñou que o Concello debe asumir a súa responsabilidade e esixir á concesionaria do servizo o cumprimento estrito do contrato, e indicou que “o responsable último de que a empresa cumpra é o Goberno municipal, que é o que ten que velar porque as empresas adxudicatarias de servizos cumpran os servizos”.

Guinarte engadiu que a situación actual é insostible, “os cidadáns teñen dereito a que se preste o servizo conforme as obrigas contractuais” criticando que o goberno da señora Sanmartín “é o que ten que esixir que se cumpran estes servizos”.

Pola súa parte, a concelleira Marta Abal advertiu que a ordenanza de prestación vulnera o principio de reserva de lei, ao permitir que mediante instrucións internas se poidan introducir novas obrigas. Ademais, lembrou que se presentaron 47 alegacións por parte de entidades sociais e económicas, que non foron atendidas polo Goberno municipal.

Durante a rolda de prensa, Marta Abal foi contundente: “estamos ante unha chapuza de ordenanza de prestación de servizo” incidindo en que “non son erros materiais, son modificacións de fondo, reescríbense artigos e, en consecuencia, como mínimo, debería abrirse un novo período de exposición pública”.

Sobre a situación do servizo, a edil socialista incidiu no problema de limpeza da cidade criticando que “é evidente que a cidade está máis sucia que nunca, é evidente que os contedores non se limpan, é evidente que non se incorporou a totalidade da maquinaria, é evidente que non se está cumprindo coa prestación do servizo como mínimo que hai que esixir”. Por iso recalcou que dende a bancada socialista non poden apoiar a subida da taxa.

En canto á ordenanza fiscal da taxa do lixo, Abal puxo o foco na falta de diálogo co tecido económico e na incoherencia dalgúns coeficientes, como o que duplica a tarifa dos restaurantes fronte ás cafeterías, cando na práctica ofrecen servizos similares, indicando que dende o propio grupo socialista xa pediran que se retirara esta ordenanza por ser “unha ordenanza que incumpría manifestamente a lei en contra do que se dispuña no propio informe de asesoría xurídica”.

Neste senso o voceiro socialista lembrou que “hai moitos aspectos técnicos que non compartimos e que non foron negociados con nós” criticando tamén a falta de diálogo do goberno co propio grupo municipal socialista.

Responsabilidade do Goberno local

Guinarte concluíu lembrando que, aínda que o contrato de recollida de lixo foi adxudicado no mandato anterior, “é o Goberno municipal o que ten que esixir o cumprimento do contrato” e insistiu en que o executivo da señora Sanmartín é “o que ten que esixir á empresa concesionaria ou prestataria do servizo que se cumpran as condicións do contrato”.

Apoio a outras medidas

Na rolda de prensa, os concelleiros adiantaron que apoiarán o recargo do IBI ás vivendas baleiras. Non obstante, reclamaron que se faga “un estudo rigoroso en prazo determinado sobre a situación das vivendas baleiras” para garantir a eficacia real da medida.

Ademais, o Grupo Municipal Socialista votará a favor do recoñecemento extraxudicial de crédito dos gastos do transporte colectivo, por un importe próximo aos tres millóns de euros.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *