Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today7 abril, 2026
• As corporacións de ambos concellos participaron no acto institucional celebrado este martes
• O diálogo, o respecto institucional e a colaboración entre administracións centraron as intervencións dos alcaldes
• Anxo Arca destaca os vínculos históricos e culturais compartidos e a utilidade do traballo conxunto en beneficio da cidadanía
Padrón. 7-4-2026.- O Concello de Padrón celebrou este martes o Día de Rianxo, unha cita consolidada dentro das Festas de Pascua, que reuniu ás corporacións de ambos municipios nun acto cargado de simbolismo institucional.
A recepción oficial á delegación rianxeira, encabezada polo seu alcalde, Julián Bustelo, desenvolveuse no paseo do Espolón, diante da estatua de Rosalía de Castro, escenario habitual dunha xornada que cada ano serve para poñer en valor os estreitos lazos entre as dúas vilas. Tras a tradicional ofrenda e escoitar o Himno Galego, a comitiva desprazouse ata o Xardín Botánico, onde os dous alcaldes colocaron unha coroa de loureiro diante do busto de Castelao.
Durante a súa intervención, o alcalde de Padrón, Anxo Arca, destacou que “estas citas son unha oportunidade única para reforzar a cooperación entre concellos, compartir proxectos e fortalecer a nosa identidade común, que vai máis aló das fronteiras administrativas. O traballo conxunto tradúcese en beneficios reais para a veciñanza e consolida un vínculo histórico e cultural que queremos seguir promovendo”.
Pola súa banda, Julián Bustelo subliñou a necesidade de promover unha acción pública baseada no entendemento, na capacidade de chegar a acordos e no respecto institucional. O rexedor pronunciou un discurso cargado de contido social e político cun chamamento a recuperar o diálogo e a empatía fronte ao «insulto e o acoso» que se vive nas redes sociais e algúns parlamentos. «O diálogo e o respecto non son signos de debilidade, son ferramentas fundamentais», afirmou Bustelo, quen tamén aproveitou para mostrar o seu total apoio ao goberno de Padrón ante os comentários machistas em redes sociais contra dúas concelleiras.
“Fronte a todo isto, reivindicamos outra forma de entender e de facer política e queremos, ademais, predicar co exemplo. Por iso queremos ampliar este irmandamento que temos pomovendo unha asociación de municípios do treito final do Ulla coa finalidade de defender os interesses comúns e poñer en valor unha pasado compartido”, subliñou.
As Bandas de Música de Padrón e Rianxo acompañaron ás dúas corporacións no percorrido desde o Espolón ata o Xardín Botánico e de regreso á casa consistorial, onde se celebrou o acto institucional. Despois as autoridades saíron ao balcón para escoitar a intervención das bandas de música.
Ao continuación, a Banda de Música de Rianxo ofrecou o tradicional concerto na Praza de Macías, seguido dunha cea de confraternidade entre os integrantes das dúas corporacións.
O Día de Rianxo en Padrón consolídase así como unha das citas máis significativas das Festas de Pascua, reforzando o compromiso de ambos municipios coa cooperación, a cultura e o legado histórico compartido.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)