AD

Destacado

Padrón instala sinais de ‘tráfico’ contra a violencia de xénero

today23 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • Trátase dunha das moitas accións que o goberno local desenvolve co gallo da celebración este sábado 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
  • O programa completarase mañá venres coa proxección do vídeo institucional no que se recollen os casos reais de tres das 31 novas vítimas de violencia atendidas polo CIM Terras de Iria dende o ano 2020
  • Tamén se inaugurará o monumento de homenaxe ás vítimas na praza da Igualdade, entregaranse os premios do III Certame de debuxos e desenvolverase un coloquio tralo visionado de ‘Matria’

Padrón.23-11-2023.- O Concello de Padrón instalou sinais de ‘tráfico’ en diferentes puntos do municipio co lema STOP á violencia de xénero. Trátase dunha das moitas accións que o Concello desenvolve co gallo da celebración este sábado 25 de novembro do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Os sinais de tráfico colocáronse na estrada de acceso a Padrón, en diferentes rúas da vila, así como na entrada aos centros
educativos do CEIP Flavia e do CEIP Rosalía de Castro e dos IES Macías o Namorado e Camilo José Cela.

Mariló Saco Vigo, concelleira de Igualdade e muller, supervisou a instalación destas placas que se manterán de xeito fixo no municipio para insistir na chamada á veciñanza para loitar contra a violencia machista e a desigualdade.

O Concello de Padrón está a desenvolver estes días diferentes propostas para conmemorar o 25N. Mañá, venres 24 de novembro, completará o programa de actos cunha intensa xornada que se abrirá ás 18.00 horas coa inauguración dun monumento de homenaxe ás vítimas na praza da Igualdade.

Ás 19.00 horas, o auditorio municipal acollerá a emisión do vídeo da campaña do 25N do Concello. Na peza recóllense as experiencias reais de vítimas de maltrato e reflicte tres dos 31 novos casos atendidos polo Centro de Información á Muller Terras de Iria dende o ano 2020.

A continuación, entregaranse os premios do III Certame de debuxos e das placas conmemorativas aos centros educativos. Ao igual que en edicións anteriores, os debuxos realizados polo alumnado de Primaria expóñense nos escaparates de comercios e locais de restauración da vila padronesa para concienciar fronte á violencia machista.

Ás 20.00 horas, o público asistente poderá desfrutar dun vídeoforum tamén no auditorio. Proxectarase Matria, a ópera prima de Álvaro Gago que está protagonizada por María Vázquez e foi gañadora de numerosos premios, e levarase a cabo un coloquio da man de Feitoría Verde sobre roles de xénero e igualdade.

A entrada a todos estes actos é libre.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%