AD

Comercio

Padrón organiza a San Silvestre Padronesa, unha carreira solidaria para despedir o ano

today4 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

• A proba realizarase o martes 31 de decembro, ás 17:00 horas
• O principal obxectivo é recoller alimentos para as familias máis necesitadas da contorna
• A distancia total será de 5,7 quilómetros
• Esta carreira poderá completarse correndo, camiñando ou en bicicleta

Padrón. 04-12-2024.- O Concello de Padrón organiza o vindeiro martes 31 de decembro a San Silvestre Padronesa 2024, unha cita deportiva e solidaria, de carácter non competitivo, que ten como principal obxectivo recoller alimentos para as familias máis necesitadas da contorna.

A cita que combina deporte, solidariedade e celebración comezará ás 17:00 horas, co punto de saída e chegada no paseo do Espolón.

Esta carreira poderá completarse correndo, camiñando ou en bicicleta, o que permite que todas as persoas interesadas poidan participar, independentemente da súa condición física. Ademais, os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto responsable.

A distancia total da proba será de 5,7 quilómetros, distribuídos nun tramo neutralizado inicial de 1 quilómetro e un tramo aberto de 4,7 quilómetros. O percorrido inclúe rúas emblemáticas da vila, como a rúa Nova, a rúa Longa ou a praza da Leña, seguindo un circuíto que permitirá descubrir Padrón desde outra perspectiva.

As inscricións realizaranse o propio día da carreira, desde as 15:45 horas ata 10 minutos antes do inicio da proba. Para participar, será necesario doar un quilo de alimentos non perecedoiros, que se entregarán no posto de Cáritas Padrón habilitado no paseo do Espolón. A organización asignará un dorsal a cada participante, que deberá levar visible durante a carreira.

O Concello de Padrón ofrecerá diferentes servizos para garantir unha experiencia agradable e segura para todos os asistentes incluíndo duchas, avituallamento na liña de meta ou servizo de gardarroupa, e entregará un obsequio conmemorativo a todas as persoas que participen (ata agotar existencias).

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%