Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today7 abril, 2026
O Concello de Padrón decidiu modificar o calendario dos concertos previstos para este Martes de Pascua ante a previsión de choivas, trasladando as actuacións musicais ao vindeiro xoves. A medida busca garantir o desenvolvemento das festas en condicións axeitadas para o público e os artistas.
Deste xeito, a orquestra Charleston Big Band actuará ás oito da tarde no recinto situado ao carón da escola infantil municipal, mentres que Panorama City subirá ao escenario na zona de Fondo de Vila a partir das dez e media da noite.
Pola contra, o resto da programación prevista para a xornada de hoxe mantense sen cambios. Ás sete e media da tarde terá lugar a recepción oficial á corporación municipal de Rianxo, vila á que Padrón dedica este Martes de Pascua. A continuación, ás oito e cuarto, a Banda de Música Municipal de Rianxo ofrecerá un concerto na praza de Macías.
Desde o Concello lamentan as posibles molestias ocasionadas polo cambio de data da verbena, aínda que subliñan que a decisión responde ao interese de que veciñanza e visitantes poidan gozar plenamente das celebracións.
En canto ao desenvolvemento das festas, a Policía Local cualificou ata o momento a Pascua como “moi tranquila”, con incidencias de escasa relevancia. Entre elas, rexistráronse algúns actos vandálicos leves, como danos no pavillón polideportivo do Grupo Escolar e en elementos vexetais, así como un par de pelexas sen consecuencias graves.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)