AD

Actualidad

Pilar Lueiro comproba a evolución das obras Pajuela-Campo da Festa de Marrozos

today21 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD

Concretamente, Pilar Lueiro explicou que o goberno que preside Goretti Sanmartín acaba de acordar a adxudicación do contrato de obras de execución do proxecto de ampliación da plataforma do viario entre Cañoteira e Outeiro de Marrozos por un importe 351.420 euros, encadrado na segunda fase do Plan Único da Deputación Provincial da Coruña.

A concelleira de Rural, que estivo acompañada de representantes veciñais, destacou que esta intervención permitirá a ampliación dun viario municipal para mellorar a circulación de vehículos e persoas nun tramo da traza da Ruta da Prata (Camiño de Santiago). Os representantes veciñais trasladaron un retorno positivo da evolución das obras.

“Queremos un concello no que a parte urbana e o rural vaian da man, unha Compostela orgullosa de si, boa de vivir, con servizos públicos para toda a veciñanza”, defendeu Pilar Lueiro, quen lembrou tamén os 3,5 millóns de euros para melloras de saneamento e abastecemento incluidos no acordo marco para a construción do aparcamento do Hospital Clínico de Santiago entre o Concello e a Xunta.

REFORMA DO VIAL PAJUELA-CAMPO DA FESTA

Estas obras, con 448.450,20 euros de orzamento con cargo ao Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña, tiveron como obxectivo a mellora do espazo dispoñible no viario municipal que transcorre dende A Pajuela e que segue ata o Campo da festa de Marrozos, mediante o seu acondicionamento con actuacións de pavimentación e formación de cuenta transitable en ambas marxes.

Tamén se fixeron actuacións de mellora da seguridade viaria, coa execución de cuentas de seguridade transitables en ambas as marxes da estrada. Asemade, a actuación tamén supuxo a colocación dunha barreira de seguridae, de varnda e de malla de aceiro na ponte, pintado da sinalización horizontal e colocación de sinais verticais.

As actuacións deste proxecto incluíron a canalización de 1.390 metros de tubo plástico, cos seus respectivos sumidoiros e arquetas para a recollida de pluviais e a canalización de 1.885 metros para alumeado público.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *