AD

Actualidad

Pillado ao volante en Santiago sen carné, sen seguro e baixo os efectos da cocaína

today23 octubre, 2024

Fondo
share close
AD

A Policía Local de Santiago denunciou a un condutor que foi sorprendido de madrugada na rúa Galeras, conducindo sen nunca ter obtido o carné, sen seguro obrigatorio e, ademais, dando positivo en cocaína. Os axentes detivérono ás 4:20 horas e agora está a ser investigado por un delito contra a seguridade viaria.

Este non foi o único caso da xornada, xa que unha condutora, implicada nun accidente entre tres vehículos que tivo lugar ás 16:40 horas na praza de Galicia, tamén deu positivo no test de drogas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%