AD

Actualidad

Ames pon en marcha un novo programa de conciliación dirixido á mocidade con diversidade

today18 junio, 2024

Fondo
share close
AD
  • A concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Uxía García, explica que se decidiu poñer en marcha este novo programa “debido á demanda que viñan facendo dende hai anos moitas familias de Ames e de concellos da contorna. O obxectivo é que as familias poidan conciliar durante a época estival”
  • O técnico da Oficina de Voluntariado de Ames, Rubén Ramos, explicou que “o programa ten dúas vertentes: a inclusiva, que permite que todos os mozos e mozas teñan as mesmas posibilidades; e por outra banda, ofrecerlle ás familias un servizo de conciliación para que poidan organizar a súa vida familiar e laboral”

Ames, 18 de xuño de 2024.- O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Voluntariado, pon en marcha unha nova iniciativa de cara a este verán. Trátase dun programa de conciliación que está dirixido á mocidade con diversidade. Dito programa desenvolverase durante os meses de xullo e agosto e está dirixido a mozos e mozas de Ames, con diversidade funcional, que teñan entre 13 e 25 anos. Participarán en xogos, excursións, actividades musicais e de baile, obradoiros, saídas, etc. O programa desenvolverase de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, en Bertamiráns. O prazo de inscrición estará aberto ata o 26 de xuño, enviando un correo electrónico ao enderezo clubxuvenilames@gmail.com. As inscrición pódense facer por quincenas. Ofértanse 12 prazas. Terán preferencia os membros do club de mocidade con diversidade e veciños/as de Ames. A inscrición é gratuíta.

A concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Uxía García, explica que se decidiu poñer en marcha este novo programa “debido á demanda que viñan facendo dende hai anos moitas familias de Ames e de concellos da contorna. O obxectivo é que as familias poidan conciliar durante a época estival. No pasado mes de marzo creamos un club xuvenil dirixido a mozos e mozas con diversidade, e agora queremos darlle continuidade con esta iniciativa para os meses de verán. Este programa súmase a outros programas de conciliación que organiza o departamento de Educación”.

O programa de conciliación dirixido á mocidade con diversidade desenvolverase durante os meses de xullo e agosto e está dirixido a mozos e mozas de Ames, con diversidade funcional, que teñan entre 13 e 25 anos. Participarán en diversas actividades inclusivas como xogos, excursións, actividades musicais e de baile, obradoiros, saídas, etc. Ditas actividades estarán dirixidas por monitores/as especializados. Tratarase de que un día á semana os mozos/as poidan participar nunha saída para coñecer lugares de Ames e de fóra do noso concello.

O técnico da Oficina de Voluntariado de Ames, Rubén Ramos, explicou que “o programa ten dúas vertentes: a inclusiva, que permite que todos os mozos e mozas teñan as mesmas posibilidades; e por outra banda, ofrecerlle ás familias un servizo de conciliación para que poidan organizar a súa vida familiar e laboral. Traballar con persoas con algún tipo de diversidade é moi gratificante, por iso creo que este programa veu para quedarse”.

O programa desenvolverase de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, en Bertamiráns. O prazo de inscrición estará aberto ata o 26 de xuño, enviando un correo electrónico ao enderezo clubxuvenilames@gmail.com. Ofrécense diferentes quedas, polo que as inscrición pódense facer por quincenas. Ofértanse 12 prazas. Terán preferencia os membros do club de mocidade con diversidade e veciños/as de Ames. A inscrición é gratuíta.

A concelleira de Benestar Social e Voluntariado engade que “é o primeiro ano que organizamos este programa, polo que servirá para ir mellorando aspectos de cara a futuras edicións. Ademais, tamén estamos pensando en implicar a máis Concellos da contorna para que participen nesta iniciativa nos vindeiros anos. É importante e moi positivo que os mozos e mozas con diversidade fagan novas amizades e teñan contacto entre eles/as”.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%