AD

Actualidad

PP e Non Adscritas reclaman ao goberno municipal a condena do “acoso” á sede popular

today26 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

O Partido Popular de Santiago e as concelleiras non adscritas presentarán hoxe unha moción urxente na que se insta ao goberno municipal de BNG e CA a condenar, no Pleno ordinario de mañá xoves, as accións protagonizadas polas persoas concentradas diante da sede popular, tras a convocatoria realizada e difundida polo sindicato vinculado ao BNG. A iniciativa chega despois de que os populares propuxeran ao conxunto dos grupos da Corporación sumarse a esta declaración, sendo as concelleiras non adscritas as únicas que, polo de agora, aceptaron adherirse.

Segundo explican, na mañá deste martes, 25 de novembro, as persoas que participaron na concentración diante da sede do Partido Popular de Santiago “protagonizaron situacións impropias dunha democracia, ao insultar ás persoas que se atopaban no interior e impedir o normal funcionamento da sede”.

Os populares lembran ás persoas organizadoras que “entre as liberdades que ampara a nosa Constitución recóllese o dereito de asociación e, por tanto, o de pertenza a un partido político, único motivo polo cal hoxe as mulleres e traballadoras do Partido Popular foron increpadas e insultadas”.

Afirman que a actuación das persoas concentradas, convocadas polo sindicato nacionalista, constitúe “un acoso indiscriminado á sede dun partido político democrático, o que supón un ataque directo ás liberdades amparadas pola Constitución”. Por iso, consideran que é esperable que todas as forzas políticas do Concello de Santiago expresen “a súa máis firme condena destes lamentables feitos”.

Pola súa banda, as concelleiras non adscritas —que se suman á moción conxunta— sosteñen que, aínda que non poñen en cuestión que as reivindicacións das manifestantes poidan ser xustas, “nin era o día nin o lugar”: “feitos como este desvían o foco do realmente importante e debilitan o consenso que sempre existiu no noso Concello en materia de feminismo”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *