AD

Destacado

Preocupación polo incremento de roubos e tráfico de drogas en Galeras

today26 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

• O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, subliña que o barrio de Galeras leva meses sufrindo un alarmante incremento de tráfico de drogas e de roubos en comercios ante a pasividade do goberno local.

• O incremento da delincuencia vencellada ao tráfico de drogas creceu exponencialmente nos últimos anos, un 500% desde 2019, e os roubos máis do 70%; e “o BNG non quere recoñecer esta situación e desvía o foco cara a nós, acusándonos de esaxerados, pero a realidade é que os os nacionalistas se negan a adoptar medida algunha, néganse a dar seguridade aos veciños”, afirmou o edil popular.

O concelleiro do Partido Popular, José Ramón de la Fuente, visitou varios establecementos do barrio de Galeras, tras a onda de roubos dos últimos días.

“Levamos meses denunciando o innegable incremento da criminalidade na cidade, facendo propostas en positivo para aumentar a seguridade en Santiago, e o goberno local segue instalado na autocompracencia, nunha indolente e ausente xestión que xa o fai directamente responsable da sensación de inseguridade que sofren veciños e comerciantes”, lamentou.

Neste senso, quixo salientar que o que reclaman son “cousas tan simples, lóxicas e fáciles de artellar como a mellora da iluminación na cidade e que se poñan a gravar as cámaras de seguridade que ten o Concello instaladas pola cidade”, e criticou a negativa rotunda do BNG a levar a cabo estas melloras, “é inevitable preguntarse porqué; os cidadáns pregúntanse porqué non poñen a funcionar todas as ferramentas das que dispón o Concello para loitar contra esta lacra que se incrementa día tras día”.

O incremento da delincuencia vencellada ao tráfico de drogas creceu exponencialmente nos últimos anos, un 500% desde 2019, e os roubos máis do 70%; e “o BNG non quere recoñecer esta situación e desvía o foco cara a nós, acusándonos de esaxerados, pero a realidade é que os nacionalistas se negan a adoptar medida algunha, néganse a dar seguridade aos veciños”, afirmou o popular.

Por iso, De la Fuente denunciou a situación de Galeras hai meses, “é de sobra coñecida a existencia de varios puntos de venta de drogas nesa zona, e denunciamos os problemas de convivencia creados, incluso na contorna do colexio Raíña Fabiola, e consecuentemente o incremento de delitos vencellados a ese problema, e o goberno local acusounos, coma sempre, de alarmistas”.

O concelleiro popular salientou tamén que “temos un déficit de máis de 100 axentes das Forzas e Corpos de Seguridade dos que nos corresponderían por poboación, sen ter en conta que Santiago é capital de Galicia e un destino turístico de primeiro orde mundial”. E lembrou que “levamos esiximos ao goberno nacionalista en varias ocasións que adoptara papel activo no imprescindible incremento de efectivos de policía local, para que reclamara do goberno central incremento de efectivos de Policía Nacional, e para que esixira elevación do rango da Comisaría de Santiago, que conlevaría dispoñer de inmediato de certos servizos policiais cos que hoxe non conta a cidade”.

Tras ano e medio de goberno do BNG, non houbo ningún cambio, ningunha iniciativa pola súa parte para mellorar a seguridade en Santiago, “a pesar da situación da cidade e da urxencia en tomar medidas, o goberno local non fixo nada”, lamenta de la Fuente.

As estatísticas do Ministerio do Interior do terceiro trimestre de 2024 confirman que, a pesar de que estábamos en datos anormalmente altos, se volven a incrementar os delitos contra liberdade sexual e relacionados con roubos en domicilios e establecementos.

O balance deste goberno é realmente alarmante, as estatísticas non paran de crecer e mentres “os nacionalistas seguen a tocar a mandolina mentres mira ás estrelas”, sinalou.

Así, “a cada denuncia, a cada proposta do Partido Popular, o BNG contesta con evasivas e negándose a recoñecer a realidade, Santiago foi unha cidade segura, pero agora mesmo non o é, os datos son innegables, temos xunto con Coruña a peor ratio de delitos por habitante, e iso non é algo casual nin inevitable”.

Finalmente De la Fuente reclamou que se poden “adoptar medidas para afrontar este grave problema, o PP fixo unha batería de propostas ante a indolencia do BNG, pero o BNG non quere implementalas, para eles atallar a inseguridade na cidade non é unha prioridade, están a outras cousas”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%