AD

Actualidad

Preto de 500 persoas celebraron as vodas de prata da Festa dos Maiores de Frades

today27 mayo, 2024

Background
share close
AD

27 de maio de 2024.- Preto de cincocentas persoas, veciños e veciñas de Frades de máis de 60 anos, participaron na XXV Festa dos Nosos Maiores, que tivo lugar este sábado na carballeira de San Nicolao. Unha celebración que estivo presidida polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, á fronte da corporación municipal, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños.

A XXV Festa dos Nosos Maiores comezou coa tradicional misa das 13:30 horas. Ás 14:00 horas, mentres os comensais buscaban os seus asentos, a música correu a cargo do dúo Eva e Camilo. O xantar, servido polo restaurante Casa Taboada (Touro), estivo composto de empanada, polbo á feira, xarrete, sobremesa (bica e xeado) e café.

Se a calor foi a protagonista da edición anterior, a choiva estivo a piques de selo na deste ano, se ben coincidiu unicamente co momento do xantar que, ao facerse baixo carpa, fixo que a temperatura fose máis agradable e non impediu a celebración do programa da festa. Porque, a partir das 17:30 horas houbo xogos antigos aos que xogaban os nosos maiores cando eran cativos (tres en raia, rá, chave…) mentres soaban os acordes da música dos grupos folclóricos Son da Terriña (Galegos) e Sarillo (Aiazo), que mesmo se animaron a tocar varias pezas xuntos.

Homenaxe aos de máis de 90

Unhas actuacións que precederon á tradicional homenaxe ás persoas presentes que chegan este ano aos 90 ou que teñen máis anos, un total de 17 maiores:

1. Mariana Lagos Carro (Abellá), 93 anos.
2. Manuel Manteiga Núñez (Abellá), 90 anos en outubro.
3. José Méndez Suárez (Abellá), 90 anos.
4. Encarnación Rodríguez Bascoy (Abellá), 90 anos en setembro.
5. Manuela Rodríguez Bascoy (Abellá), 91.
6. Arturo López Rodríguez (Aiazo), 90 anos en decembro.
7. Erundina Rúa Mata (Añá), 90 anos en xuño.
8. Emérita Pernas Pereira (Gafoi), 94 anos.
9. Teodoro Carneiro Uzal (Galegos), 94 anos.
10. Julia García Francos (Galegos), 91 anos.
11. Adolfina Sánchez Carneiro (Galegos), 90 anos.
12. Visitación Prado Suárez (Moar), 91 anos.
13. Manuel González Neira (Papucín), 92 anos.
14. José Paz Fernánez (Papucín), 90 anos.
15. Antonio Regueira Sánchez (Papucín), 92 anos.
16. Dolores Sanjurjo Sanjurjo (Papucín), 90 anos.
17. Jesusa Tejo Meijide (Papucín), 93 anos.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%