Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 mayo, 2024
As Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns acolleron dende o xoves 23 de maio ata o domingo 26, a primeira edición do ciclo de monólogos
Tratouse dunha nova iniciativa, impulsada polo Concello a través do departamento de Cultura, que incluíu actuacións de figuras consolidadas como Quico Cadaval, Pepo Suevos, Paula Carballeira e Carlos Blanco, xunto con artistas emerxentes como Antía Costas, Adrián do Regenco e Cristóbal Álvarez
O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, explica que esta proposta é “algo distinto do que vimos facendo habitualmente”. O rexedor tamén engadiu que en vistas do éxito é unha proposta que vai ter continuidade, pois practicamente todos os espectáculos encheron os auditorios das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro
Ames, 27 de maio de 2024.- As Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns acolleron dende o xoves 23 de maio ata o domingo 26, a primeira edición do ciclo de monólogos. Tratouse dunha nova iniciativa, impulsada polo Concello a través do departamento de Cultura, que incluíu actuacións de figuras consolidadas como Quico Cadaval, Pepo Suevos, Paula Carballeira e Carlos Blanco, xunto con artistas emerxentes como Antía Costas, Adrián do Regenco e Cristóbal Álvarez. Un total de 853 persoas asistiron ás distintas sesións programadas dentro deste ciclo. O público valorou de xeito moi positivo esta programación de monólogos, á cal está previsto darlle continuidade durante os vindeiros anos.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, organizou un ciclo de monólogos da man de sete artistas galegos; algúns deles xa de sobra coñecidos como Quico Cadaval, Pepo Suevos, Paula Carballeira e Carlos Blanco, xunto a outros/as artistas emerxentes como Antía Costas, Adrián do Regenco e Cristóbal Álvarez. Tratouse dunha nova iniciativa que se celebrou nos auditorios das Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns do 23 ao 26 de maio. Deste xeito, amplíase a oferta cultural que programa o Concello de Ames ao longo do ano.
Este ciclo de monólogos tivo unha gran resposta por parte do público amesán. Un total de 853 ateigaron os auditorios do Milladoiro e Bertamiráns durante as catro xornadas do ciclo. O público valorou de xeito moi positivo esta programación de monólogos, á cal está previsto darlle continuidade durante os vindeiros anos.
O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, explica que esta proposta é “algo distinto do que vimos facendo habitualmente”. O rexedor tamén engadiu que en vistas do éxito é
unha proposta que vai ter continuidade, pois practicamente todos os espectáculos encheron os auditorios das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.
Monólogos en Bertamiráns e no Milladoiro
A primeira sesión, que se realizou o xoves 23 de maio, estivo protagonizada por Quico Cadaval e Antía Costas na Casa da Cultura do Milladoiro. Neste mesmo auditorio estiveron o sábado 25, Paula Carballeira e Cristóbal Álvarez.
En Bertamiráns tamén houbo dúas xornadas. Na primeira, o venres 24, contouse coa actuación de Pepo Suevos e Adrián do Regenco. O último espectáculo foi o domingo 26, en dúas sesións, ás 19:00 e ás 21.00 horas, tamén no auditorio de Bertamiráns, da man de Carlos Blanco. Inicialmente estaba previsto facer unha sesión, pero ante a gran demanda de entradas que houbo, decidiuse ampliar a dous pases.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)