Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 febrero, 2025
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publica na súa edición de hoxe, 26 de febreiro de 2025, o diagnóstico para a declaración de Santiago como zona de mercado residencial tensionado, de conformidade co establecido no artigos 18.2.b) da Lei 12/2023, de 24 de maio, polo dereito á vivenda e o apartado 3 d) da Disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 8/2012, de 29 de xuño, de Vivenda de Galicia.
Durante o prazo de 20 días hábiles que se contarán dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán presentar as súas alegacións na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela no apartado “Catálogo de trámites” a través do trámite “Presentación de documentación e alegacións” e da opción “Achega libre”. Tamén se poderán presentar alegacións por calquera dos outros medios relacionados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A documentación sometida a exposición pública está a dispor das persoas interesadas nas dependencias do Rexistro Auxiliar de Urbanismo (de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas), sito no 2º andar do Pazo de Raxoi na Praza do Obradoiro s/n, e na páxina web do Concello de Santiago de Compostela a través do enlace (santiagodecompostela.gal/gl/transparencia/xuridica )
O Concello de Santiago continúa así avanzando nos trámites para solicitar a declaración do municipio como zona de mercado residencial tensionado coa publicación do estudo realizado polo Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña. Como principal conclusión, o concello cumpre en todo o seu territorio dous dos catro criterios para solicitar a declaración de mercado tensionado.
O pasado mércores 19, o concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, convocou a mesa sectorial cumprindo así tamén con este requisito marcado pola lei autonómica. O concelleiro volverá reunir este órgano, xa constituído con preto dunha vintena de entidades e representantes veciñais, tras o período de exposición pública e antes de lle enviar a solicitude de declaración á Xunta.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)