Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 septiembre, 2025
Redacción, 17 de setembro de 2025-. Unha veciña de Santiago dirixiuse onte martes a través da canle de comunicación de Radio Líder Santiago para denunciar a situación das axudas municipais:
“Bos días, sabedes algo das becas comedor e extraescolares do Concello de Santiago? Aínda non saíron e xa estamos co curso comezado”, escribía con preocupación.
A súa mensaxe recolle o malestar de distintas familias compostelás que seguen sen ter confirmación oficial sobre as bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares correspondentes ao curso 2025/2026.
A edil de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, respondeu en rolda de prensa sobre esta cuestión sinalando que aínda que non se fixese pública a resolución definitiva, non hai ninguén en lista de espera, polo que todas as solicitudes están concedidas.
Con todo, desde o Partido Popular local acusaba hai poucos días ao goberno municipal de xestionar con “falla de previsión e planificación”. O concelleiro Borja Rubio advertiu que “falamos de prestacións básicas que afectan directamente á economía doméstica e á conciliación das familias; non se pode xogar coa incerteza de quen precisa saber se vai contar con ditas axudas”.
Rubio lembrou que a resolución provisional foi publicada o 11 de agosto e que o prazo de alegacións rematou o día 18, polo que non entende a demora en dar a coñecer a lista definitiva: «É incomprensible”, afirmaba.
O PP esixe a publicación inmediata da resolución definitiva, mentres que desde o executivo nacionalista tentan trasladar tranquilidade asegurando que todas as solicitudes están aceptadas.
Escrito por Líder Redacción
becas becas comedor becas extraescolares denuncia Santiago de Compostela
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)