AD

Actualidad

«Quero que o acto de Fillos Adoptivos de Teo se institucionalice anualmente»

today16 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

O concello de Teo celebrará o vindeiro 25 de maio o acto de nomeamento como fillos adoptivos do municipio de Manuel Quintana Martelo, Paula Carballeira e Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.

A alcaldesa, Lucía Calvo participaba este xoves en Radio Líder Santiago onde anunciou que o acto de entrega destas distincións levarase a cabo o sábado 25 de maio no Auditorio teense. A rexedora aproveitaba a entrevista para agradecer aos homenaxeados a súa achega pública e a súa contribución á sociedade, un fito que merece o recoñecemento de fillos e filla adoptivos de Teo para que sexan lembrados polas xeracións presentes e futuras.

A rexedora popular presume de contar con veciños tan ilustres que achegan unha singularidade adicional ao municipio de Teo e confía en «institucionalizar» este acto e celebralo «cada ano».

Manuel Quintana Martelo preside a Real Academia Galega de Belas Artes. Paula Carballeira, escritora, gañou o ano pasado o Premio Nacional de Literatura Dramática. E Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, ex conselleiro, recibiu no ano 2010 a Medalla de Ouro de Galicia pola súa labor turística co desenvolvemento da programación do Xacobeo.

A entrevista completa, no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%