Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today6 enero, 2026
Radio Líder Santiago viviu este luns 5 de xaneiro unha das xornadas máis especiais do ano coa cobertura da visita dos Reis Magos á capital galega, achegando toda a emoción do día grande da ilusión a través das súas redes sociais.
A emisora compostelá seguiu paso a paso a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar no seu percorrido polas rúas de Santiago de Compostela, desde a Praza da Nosa Señora da Mercé, en Conxo, ata a emblemática Praza do Obradoiro, onde se concentraron centos de familias para darlles a benvida.
Durante o traxecto, Álvaro Veiga e Sara Garea compartiron micrófono cos auténticos protagonistas da xornada: os nenos e nenas que, cheos de ilusión, agardaban a chegada das súas Maxestades de Oriente.
Xa no Obradoiro, Melchor, Gaspar e Baltasar foron recibidos pola alcaldesa Goretti Sanmartín, acompañada doutros membros da corporación municipal.
Dende o balcón do Pazo de Raxoi, os Reis Magos dedicaron unhas palabras cheas de maxia e esperanza ás centenares de familias que se deron cita para vivir un dos momentos máis esperados do Nadal compostelán.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)