AD

Destacado

Radio Líder Santiago alcanza preto de 4 millóns de visualizacións en redes no último mes

today15 enero, 2026

Fondo
share close
AD

Radio Líder Santiago continúa a consolidar a súa presenza nas redes sociais. Os contidos publicados en Facebook e Instagram acadaron preto de 4 millóns de visualizacións nos últimos 28 días, uns datos que chegan en apenas dous anos de xestión da emisora e as súas redes sociais baixo a dirección do grupo Dezasete Media.

No caso de Facebook, rexistráronse máis de 2,4 millóns de visualizacións, cun incremento do 9,7 %, acompañado dun crecemento do 27,3 % nas interaccións, que superaron as 22.300, e a incorporación de máis de 1.000 novos seguidores.

En Instagram, as visualizacións superaron os 1,3 millóns, cun aumento do 39,1 %, mentres que as interaccións co contido se dispararon máis dun 200 %, acadando as 43.800. A conta sumou tamén un notable crecemento en seguidores, cun incremento próximo ao 71 %.

Estes resultados reflicten o impacto da estratexia dixital desenvolvida por Radio Líder Santiago nesta nova etapa, apostando por contidos informativos, entrevistas e vídeos de actualidade que conectan cunha audiencia cada vez máis ampla e participativa.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *