Listeners:
Top listeners:
 play_arrow
		play_arrow
		Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today31 octubre, 2025
 
		Radio Líder Santiago estreará o vindeiro luns 10 de novembro un novo formato radiofónico baixo o nome “Hai Debate”, un programa semanal que centrará o seu contido na actualidade política de Santiago de Compostela. O espazo poderá escoitarse en directo todos os luns ás 12.00 horas, cunha duración aproximada de 50 minutos. Ademais poderá seguirse tamén en streaming a través de Facebook Live e YouTube.
Cada semana, o programa reunirá a representantes dos diferentes grupos políticos con presenza no Concello de Santiago, ofrecendo un espazo plural para o debate, a análise e a confrontación de ideas arredor dos principais temas que afectan á cidade.
Con este novo proxecto, Radio Líder Santiago reforza o seu compromiso coa información local e o diálogo democrático, dando voz a aqueles grupos políticos con representación no Pazo de Raxoi e achegando aos oíntes unha visión directa e actualizada da vida municipal compostelá.
“Hai Debate” promete converterse nun punto de encontro radiofónico imprescindible para entender o presente e o futuro de Compostela.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)