AD

Actualidad

Radio Líder Santiago estrea a súa ‘sesión vermú’ nas fins de semana

today22 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

Radio Líder Santiago lanza unha nova proposta radiofónica para as fins de semana. A partir do 25 de maio, a emisora local de Compostela e comarca ofrecerá a unha ‘sesión vermú’, conducida por Martín Portos baixo o nome de Fórmula Éxitos. Este programa emitirase os sábados e domingos de 12:00 a 14:00 horas na frecuencia 97.7 FM e a través da páxina web www.radiolidersantiago.com. Durante estas horas, os oíntes poderán desfrutar dunha selección musical que inclúe éxitos pop e latino, principalmente, así como suxerencias enviadas ao WhatsApp 633 57 17 65.

Esta particular sesión vermú destaca por ser unha radiofórmula presentada íntegramente en galego, unha característica pouco común nas emisoras musicais que se poden escoitar en Galicia. Esta iniciativa fai de Radio Líder Santiago unha das contadas emisoras galegas, e a primeira con sede na capital galega, en ofrecer un programa deste tipo na nosa lingua, reafirmando así o seu compromiso coa produción propia e coa promoción do galego nos medios de comunicación.

Ademais da estrea deste programa, Radio Líder Santiago continúa a súa aposta por contidos variados nas fins de semana. A programación inclúe espazos musicais como ‘Aires Celtas’, dedicado á música folk e de raíz de todo o mundo, e ‘Las Puertas del Infinito’, que reivindica o rock alternativo. Ambos programas emítense nas noites dos domingos, ás 21:00 e 22:00 horas, respectivamente, consolidando a emisora como un referente en oferta musical diversa e de calidade.

Non perdas de oído Radio Líder Santiago, porque seguimos sumando contidos e programación a nosa parrilla.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%