Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today6 mayo, 2024
O concelleiro de Economía, Facenda e Contratación, Manuel César, deu conta en rolda de prensa do Plan de Contratación municipal para 2024, aprobado na sesión ordinaria da Xunta de Goberno, «un instrumento de planificación esencial para a boa xestión da administración municipal».
O edil de Contratación definiu o plan como «unha folla de ruta que inclúe 82 contratos cun valor de 222.990.817 euros» e que «guiará o Goberno municipal e a propia administración para prestar servizos públicos de calidade; para desenvolver políticas sociais, culturais e de igualdade para a maioría; para realizar unha transformación urbana e un mellor acceso á vivenda; así como para avanzarmos nunha senda de sustentabilidade e de integración territorial; e tamén permitirá introducir medidas para a mellor gobernanza e a xestión dos recursos públicos con máis eficacia».
Trátase dun documento único que recolle as necesidades institucionais que van ser cubertas mediante a licitación de diferentes contratos maiores. Este documento non recolle, polo tanto, os contratos menores.
Non obstante, salientou o concelleiro, inclúe os contratos suxeitos a regulamentación harmonizada (os de subministracións e servizos con valor estimado igual ou superior a 143.000 euros e o resto de contratos cuxo valor estimado é igual ou superior a 5.538.000 euros). Moitos dos contratos que aparecen neste plan teñen unha execución que supera o presente exercicio contable.
Dentro dos 82 contratos non están os que xa foron adxudicados durante os pasados meses, «como pode ser o do Servizo de Axuda no Fogar (5.553.657,1€), adxudicado a 17 de abril de 2024 á UTE SIAD24 GALICIA, SL – PROTECCION GERIATRICA 2005, SL», lembrou César que engadiu que se trata «dun plan programático e orientativo e non dun compromiso explícito que obrigue a licitar todos os contratos relacionados nel, nin coas condicións sinaladas».
Así mesmo, o plan «tampouco cerra a posibilidade de realizar contratacións non sinaladas no mesmo e que poidan ser necesarias para cubrir necesidades non previstas no momento da súa publicación. Polo tanto, estaríamos perante un documento que recolle obxectivos específicos, medíbeis, alcanzábeis, relevantes e temporais».
Contratos por eixos
O concelleiro fixo fincapé en que os obxectivos do plan están «aliñados cos grandes eixos estabelecidos no Orzamento de 2024 e cos compromisos deste goberno». Así, aparecen contratos para:
· Prestar servizos públicos de calidade:
o Prestación integral dos servizos de conserxaría e limpeza de centros escolares (1.427.000€), de pavillóns deportivos (875.480,54€) e centros socioculturais (1.400.000€). 2º maior 24 meses + 24 meses 8.253.930,00 euros.
o Xestión do servizo público de transporte colectivo urbano de viaxeiros en réxime de concesión administrativa (9.084.439,62€). 1º maior 156 meses + 0 meses 184.561.778,95 euros.
o Servizo de mantemento e conservación dos sistemas de control, regulación e xestión do tráfico e do túnel urbano do Hórreo. 4º maior 36 meses + 24 meses 5.825.522,80 euros.
o Vehículos para o Servizo de extinción de incendios e Salvamento. 3 lotes 640.000,00 + 580.000,00 + 410.000,00 euros = 1.630.000,00 euros.
· Desenvolver políticas sociais, culturais e de igualdade para a maioría:
o Xestión da rede de CSC, animación sociocultural, atención ao público, bibliotecas, novas tecnoloxías e redes sociais. 3º maior 24 meses + 24 meses 6.329.708,52 euros.
o Servizo de xestión e programación do centro xove de creación cultural. 6º maior 48 meses + 6 meses 959.288,00.
o Iluminación de Nadal. 7º maior: 840.000,00 euros.
o Plano anual de conciliación. 260.000,00 euros.
o Plano de conciliación do verán 99.000,00 euros.
o Ludoteca María Miramontes. 24 meses + 24 meses 537.200,00 euros.
o Plano piloto de creación de cociñas en centros escolares (448.000€). 1 mes + 0 meses 339.700,00 euros.
o Coordinación e funcionamento da Casa Xohana Torres e Servizo de Asesoramento LGTBI. 24 meses + 12 meses 135.000,00 euros.
· Realizar unha transformación urbana e un mellor acceso á vivenda, así como avanzar nunha senda de sustentabilidade e de integración territorial:
o Reurbanización da rúa García Lorca. 4º maior 18 meses + 0 meses 967.191,67 euros.
o Reurbanización da rúa Mallou. 6 meses + 0 meses 495.867,77 euros.
o Reurbanización da rúa Ponte da Raíña. 5 meses + 0 meses 413.223,14 euros.
o Rehabilitación de firmes asfálticos en vías urbanas. 3 meses + 0 meses 413.223,14 euros.
o Mellora das condicións de accesibilidade en diferentes (14) puntos da cidade. 8 meses + 0 meses 206.611,57 euros.
o Diferentes actuacións no rural por 2.264.540,65 euros.
· Avanzar na mellor gobernanza e noutro modelo de cidade:
o Mantemento integral de infraestrutura de servidores. 24 meses + 24 meses 363.636,36 euros.
o Mantemento integral de telecomunicacións (e da infraestrutura de seguranza composta por dobre barreira de cortalumes). 8º maior 24 meses + 24 meses 826.446,28 euros.
o Servizo CAU. 48 meses + 0 meses 330,578,51 euros.
o Prestación do servizo auxiliar de depósito, custodia, xestión de arquivos, recollida e envío de expedientes e documentos. 24 meses + 24 meses 408.562,00 euros.
o Redacción de planos de autoprotección para edificios, actividades e locais municipais. 24 meses + 24 meses 360.000,00 euros.
o Servizos para a transformación dixital e promoción do comercio local Proxecto Commarket Santiago. 9º maior 4 meses + 0 meses 675.000,00 euros.
Escrito por Líder Redacción
compostela contratacions licitacions plan radio lider santiago santiago
Radio Líder Santiago te ofrece una cuidada selección musical donde suenan los grandes clásicos que forman parte de nuestra vida, junto a una selección con las novedades más interesantes.
closeCopyright © 2023 Radio Líder Santiago de Compostela - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)