AD

Actualidad

Raxoi asume as conexións eléctricas nos actos promovidos por comisións de festas e asociacións

today17 junio, 2024

Fondo
share close
AD

17/06/2024 A concellaría de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais vén de asumir a prestación do servizo de execución das conexións eléctricas para a celebración de actividades recreativas promovidas por comisións de festas, ou asociacións veciñais e culturais. O departamento que dirixe Xan Duro procura, desta maneira, facilitar a tramitación das autorizacións para eventos como as cacharelas e sardiñadas de San Xoán. Para iso, a Xunta de Goberno aprobou hoxe unha modificación das normas de xestión destes festexos.

Na modificación aprobada hoxe, introdúcese un novo epígrafe que aclara que «as Agrupacións e Asociacións Veciñais e Culturais que precisen conectar o subministro eléctrico a unha instalación eléctrica municipal, deberán comunicalo a través da sede electrónica do Concello para podelo xestionar dende a administración municipal». Ata o de agora, cada entidade tiña que xestionar este enganche pola súa conta, «o que xeraba numerosas dificultades para as asociacións». O concelleiro Xan Duro explicou que «co obxectivo de minimizar a burocracia e facilitar o traballo das entidades veciñais e culturais, asinamos un contrato para que unha mesma empresa preste ese servizo e execute as conexións eléctricas, tamén cunha maior garantía de seguridade».

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%