AD

Actualidad

Raxoi confirma que non houbo novas incidencias nas obras da nova EDAR da Silvouta

today4 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

Ante as informacións xornalísticas sobre a situación do Sistema de Saneamento (SAR), o Concello de Santiago informou que, segundo a comunicación recibida por parte de Acuaes e da dirección da obra, non se rexistraron novas incidencias nas obras da depuradora.

Ademais, Augas de Galicia trasladou ao Concello que tampouco lles consta que se producira ningún incidente recente.

Desde o Goberno local subliñan que o Concello mantén un contacto permanente coa entidade encargada de executar os traballos de construción da nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, co obxectivo de garantir o correcto desenvolvemento do proxecto.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *