AD

Actualidad

Raxoi estima en máis de 16.000 euros o impacto da borrasca Kirk nas árbores da cidade

today24 octubre, 2024

Fondo
share close
AD

24/10/2024 O Departamento de Parques e Xardíns avaliou en 16.654 euros o total que debería asumir o Concello de Santiago para a recuperación das máis de 130 unidades arbóreas que sufriron danos como consecuencia do paso da borrasca Kirk. Esta estimación contemplaría unha partida de 12.254 euros para a adquisición de novas árbores e outra de 4.400 euros para os labores de plantación e suxeición.

O paso da borrasca Kirk pola cidade o pasado 9 de outubro, con ventos que alcanzaron os 114 km/h, tivo un impacto na masa árborea da cidade que, tras unha minucionsa análise, o Departamento de Parques e Xardíns cuantificou en 133 unidades afectadas de xeito irreversible, que suporían un custo de recuperación de 16.654 euros, dos que 12.254 euros correspoderían á compra das novas unidades e 4.400 euros aos labores de plantación e suxeición das árbores que serán repostas en rúas, parques e zonas verdes da cidades.

No caso da Alameda vironse afectados tres tilos de gran porte e de especial valor sentimental, paisaxístico e patrimonial, situados no paseo central, na zona do parque infantil e un terceiro na costa da facultade de Químicas, así como a caída dunha póla importante dun chopo do mirador e de varias pólas de diferentes dimensións no resto da carballeira.

O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Dominguez, acompañado do xefe de Parques e Xardíns, Gregorio López, fixo un primeiro balance das consecuencias do paso de Kirk nunha rolda de prensa celebrada o 10 de outubro. Ao día seguinte, ambos acompañaron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para amosarlle in situ a situación derivada do paso do temporal na Alameda. Nos días posteriores ao paso de temporal, o labor do Concello centrouse na retirada de árbores caídas nas calzadas e na reparación de avarías de distinto alcance, así como a avaliación dos danos sobre as árbores.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%