Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today6 marzo, 2025
Ante as acusacións de graves irregularidades en procesos selectivos, o Concello de Santiago aclara:
___ Foi o propio tribunal que examinou as persoas aspirantes para cinco prazas de operarios de servizos múltiples o que o 8 de outubro de 2024 observou a posibilidade de que se producise unha fenda de seguridade na realización do segundo exercicio e, en consecuencia, decidiu deixar sen efecto o segundo exercicio, obrigatorio e eliminatorio, convocado para o 17 de setembro de 2024.
___ O tribunal convocou a todas as persoas interesadas e presentadas para a realización dun novo exercicio, tomando todas as precaucións de seguridade. O segundo exame, en segunda convocatoria, foi fixado para o 15 de outubro de 2024.
__ O contido de todos os exames correspóndelle deseñalo aos tribunais cumprindo coas bases das convocatorias e de acordo cos temarios publicados. Ninguén recorreu o contido da proba. O tribunal indicou no seu informe que entendía que as preguntas realizadas para o segundo exame foron similares ás recollidas na primeira convocatoria.
__ Todas as persoas convocadas tiveron que repetir o exame, sen excepcións, para garantir a igualdade de oportunidades.
___ As alegacións contra o procedemento e os sucesivos recursos (de alzada e de reposición) presentados pola persoa que denuncia o proceso foron en todos os casos contestados e resoltos achegando toda a información, nunha clara mostra de transparencia.
___ O 2 decembro de 2024, a persoa presentou por Rexistro un escrito dirixido a Alcaldía solicitando unha reunión, que foi atendida como o propio denunciante recoñece.
__ A raíz das súas manifestacións, solicitouse un informe interno para coñecer o caso e comprobar que o procedemento se desenvolvía con todas as garantías
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)