Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today12 marzo, 2024
12/03/2024 O Concello de Santiago e o consorcio provincial contraincendios e salvamento da Coruña, conformado pola Xunta e a Deputación Provincial manteñen o seu compromiso de colaboración para avanzar na comarcalización do servizo de bombeiros, tal e como se reafirmou nunha xuntanza mantida hoxe entre representantes das administracións implicadas.
Así, tal e como se establecera xa en xuntanzas anteriores, o investimento por parte da Xunta e a Deputación, compartido ao 50%, ascenderá a tres millóns de euros, dos que dous millóns irán a sufragar as obras do novo parque e un millón anual para financiar o funcionamento deste servizo comarcal. Tanto a Deputación como a Xunta de Galicia teñen xa consignadas estas partidas económicas nos seus orzamentos deste ano.
Pola súa banda, o Concello de Santiago encargarase da contratación do persoal, da licitación do servizo e da contratación das obras precisas. A administración local comprometeuse a enviar a documentación técnica precisa para avanzar na tramitación de cara á sinatura ao longo deste ano do convenio para a comarcalización do servizo de bombeiros, que podería comezar a prestarse de forma provisional desde as instalacións actuais do parque de bombeiros de Santiago.
No encontro celebrado hoxe participaron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, o deputado provincial José Ramón Rioboo, e o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)