AD

Actualidad

Realízase o trámite administrativo de recepción das obras de humanización da N-550 ao seu paso polo Milladoiro

today29 diciembre, 2025

Fondo
share close
AD

Este luns o alcalde de Ames, Blas García, e mailo concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, achegáronse ata O Milladoiro para ver de primeira man o estado das obras de humanización da N-550 ao seu paso pola avenida de Rosalía de Castro

Formalizouse así o trámite administrativo de ditas obras, pero durante o vindeiro mes de xaneiro seguirase traballando na avenida de Rosalía de Castro para arranxar aquelas deficiencias e aqueles problemas que se vaian detectando, ou que se están detectando na actualidade

Este proxecto foi executado pola Unión Temporal de Empresas de Extraco e Prace Servizos e Obras, por un importe de 4,4 millóns de euros

Este luns o alcalde de Ames, Blas García, e mailo concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, achegáronse ata O Milladoiro para ver de primeira man o estado das obras de humanización da N-550 ao seu paso pola avenida de Rosalía de Castro. Este luns formalizouse o trámite administrativo de ditas obras, pero durante o vindeiro mes de xaneiro seguirase traballando na avenida de Rosalía de Castro para arranxar aquelas deficiencias e aqueles problemas que se vaian detectando, ou que se están detectando na actualidade. Este proxecto foi executado pola Unión Temporal de Empresas de Extraco e Prace Servizos e Obras, por un importe de 4,4 millóns de euros.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “hoxe é un día importante para O Milladoiro, e polo tanto tamén para o Concello de Ames, porque dáse o primeiro paso para rematar a obra de humanización da estrada nacional 550, aínda que este feito administrativo da recepción da obra non quere dicir que se rematen xa todos os traballos que quedan por facer. No mes de xaneiro veremos que os obreiros seguirán traballando para arranxar aquelas deficiencias e aqueles problemas que se van detectando, ou que se están detectando xa”.

“Ademais, hai que lembrar que esta non é unha obra que recepciona o Concello de Ames, senón que é competencia do Ministerio, pero aínda así imos estar vixiantes e recibiremos todas as notificacións e queixas que teñan os veciños e veciñas do Milladoiro, para trasladarllas ao Ministerio, co obxectivo de que estas obras queden rematadas do mellor xeito posible. Hai que recordar tamén que este é un dos investimentos máis grandes que se fai no núcleo do Milladoiro nos últimos anos, e sen dúbida, vai a ser algo que vai a marcar a diferencia do Milladoiro. Vai a cambiar O Milladoiro por completo, o que coñecíamos e o que imos a coñecer de agora en diante”.

O rexedor municipal tamén dixo “é certo que todas as obras xeran trastornos e problemas, pero esta sen dúbida, dentro duns anos, vai a ser a gran obra do Milladoiro, a que marcará a diferencia para dispor dun sitio máis humanizado, sostible, e onde se poida vivir con maior comodidade”.

Creación dunha contorna urbana máis sostible

Este proxecto está financiado polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible e conta cun importe de 4,4 millóns de euros (IVE incluído). Trátase dunha actuación executada co obxectivo de dotar dun carácter urbano ao tramo de 1,52 quilómetros da estrada N-550, ao seu paso pola avenida de Rosalía de Castro. Deste xeito, apóstase por unha mobilidade máis sostible, para atenuar o tráfico e adaptar a infraestrutura aos usuarios vulnerables, mellorando a mobilidade, a seguridade e a sustentabilidade desta travesía.

Ao longo dos últimos meses realizouse unha actuación de humanización que propicia unha redución da velocidade de circulación na travesía; reordenando e optimizando o espazo público e delimitando o uso de cada unha das zonas. Unha das actuacións máis importantes é a redución dun carril de circulación ao tráfico rodado por cada un dos sentidos cunha anchura de 3,5 metros; así como a construción dunha mediana axardinada na travesía.

Ademais, creouse unha contorna urbana máis sostible, inclusiva e accesible coa construción dun carril bici de dobre sentido de circulación, en liña coa Estratexia Estatal polo uso da Bicicleta. Ampliáronse as beirarrúas, previa demolición das anteriores, para permitir unha recuperación do espazo para o peón, incrementando así as zonas para viandantes, carga e descarga e aparcamento reservado.

A obra completouse coa remodelación de varias interseccións, a reordenación dos cruces e accesos, a instalación de pasos de peóns e novos semáforos, a demolición da pasarela peonil, así como as zonas de estancia para viandantes, zonas de carga e descarga, renovación do alumeado, mellora das paradas de autobús e a creación de zonas de arborado.

Esta intervención financiouse con cargo ao programa de mellora de contornas urbanas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), dotado con 105 millóns do fondo NextGenerationEU.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *