Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O alcalde, Blas García, e a concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, acompañaron ao xerente da área sanitaria de Compostela, Ángel Facio, na súa visita ao centro sanitario maiano
Na visita tamén participaron Ana Turnes, subdirectora de Atención Primaria, e José Manuel Fernández Torres, subdirector de Recursos Económicos
Dende o Concello úrxese un plan de actuación para ir adaptando as instalacións ao crecemento de Ames e volveuse a poñer a disposición a finca lindeira ao centro para unha futura expansión
Ames, 20 de marzo de 2025.- O alcalde, Blas García, e a concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, acompañaron ao xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela, Ángel Facio, na súa visita ao Centro de saúde de Bertamiráns. Na visita tamén participaron Ana Turnes, subdirectora de Atención Primaria, e José Manuel Fernández Torres, subdirector de Recursos Económicos. Este centro, que conta tamén cun servizo de Pac atende a unha gran cantidade de poboación que, segundo os datos que se manexan, se vai seguir incrementando de forma importante nos vindeiros anos.
Durante a visita concluíuse necesario un plan para devolverlle a funcionalidade e a accesibilidade a unhas instalacións xa anticuadas, así como a posibilidade de trazar un plan para ampliar este centro nos vindeiros anos, aproveitando os terreos anexos. O xerente concluíu necesario determinar as necesidades futuras en función do crecemento poboacional. Ademais, as profesionais do centro sanitario tiveron a oportunidade de trasladarlle as necesidades en canto a dotación de persoal e material.
O alcalde volveu poñer de manifesto a total vontade de colaboración do Concello de Ames para facer posible a mellora das instalacións sanitarias pois “Ames é un concello en continua expansión que necesita adecuar os seus servizos ao volume de poboación que soporta. A Xunta de Galicia fixo un importante esforzo no pasado coa construción do Centro de saúde do Milladoiro, pero é necesario que comprenda a realidade de Ames, o único concello que medra de Galicia e que conta con dous importantes núcleos urbanos diferenciados”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)