AD

Actualidad

Recta final do Festival de Arte Urbana Viladomar en Rianxo

today10 julio, 2024

Fondo
share close
AD

Un ano máis, estase celebrando o Festival de Arte Urbana de Rianxo Viladomar – máis alá dos muros, organizado pola asociación local Ondiñas Mainas co apoio e financiamento do Concello e a Deputación da Coruña. Do 4 ao 14 de xullo, artistas chegados de diferentes partes do mundo transformarán as paredes dalgúns edificios do municipio rianxeiro en lenzos para as súas creacións.

Viladomar é un laboratorio de arte pública polo que xa pasaron artistas de renome na creación e transformación urbana como Nove Noel, David Cuence, Mutante Creativo de Ordes, Batalla de Rianxo, Cestola na Cachola de Almería, Doa de Sober e Nana de Ordes. Na edición do ano pasado, a artista Lidia Cao (Ordes) pintou o lateral sur do polideportivo de Campo Maneiro, e o dúo Alegría e David Cuence interviñeron en diferentes espazos urbanos do concello, por exemplo no Pazo.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%