AD

Actualidad

Remata a reforma integral do pavillón de Santa Isabel tras un investimento de máis de 2,6M€

today19 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, visitaron este mércores o complexo deportivo de Santa Isabel, que vén de rematar a súa reforma integral.

A rexedora destacou que se trata dunha “obra moi imporante, cun investimento moi relevante que vai significar un antes e un despois”. A actuación acadou un investimento de 2,6 millóns de euros, dos cales máis de 2,3 millóns corresponden á axuda do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios (PIREP) e serviu para renovar toda a cuberta, facer actuacións para a climatización da piscina, abrir espazos que dan maior claridade e crear un espazo de socialización, así como tarefas de mantemento.

“O máis importante é todo o que ten que ver coa eficiencia enerxética, o arranxo da envolvente e a accesibilidade, dotando tamén dun ascensor, de ramplas e espazos adaptados”, destacou Goretti Sanmartín, “moi satisfeita de ver esta obra rematada”.

Avanzou que nas próximas semana farase a recepción oficial destas obras e a continuación a apertura ao público.

Praza pública

Ademais, as obras permiten unha maior integración do pavillón co resto da cidade, de maneira que a praza da porta principal agora é unha entrada cun espazo diáfano.  “Impos gañar unha praza pública con máis movemento, socialización e vitalidade dentro do que é o tecido urbano”, valorou a alcaldesa.

A obra foi adxudicada polo Concello de Santiago á empresa Misturas SA por un importe total 2.633.897,75 euros impostos incluídos, dos que 2.340.149,05 euros corresponden á axuda concedida polo Estado no marco do PIREP, financiado con fondos Next Generation EU.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *