Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 abril, 2025
Ribeira, 30 de marzo de 2025. — Onte celebrouse o pleno ordinario de abril que nun principio estaba programado para o luns 28 e que, por mor do apagamento eléctrico en toda a Península Ibérica, non se puido celebrar. Antes de dar comezo ao pleno ordinario o alcalde quixo facer un reconoñemento especial ao traballo de todo o persoal do Concello que estivo implicado, “tanto o Grupo Municipal de Emerxencias como Policía Local, así como forzas e corpos de seguridade, bombeiros e servizos sanitarios fixeron un traballo brillante para garantir o benestar da cidadanía.
Por outra banda destacou o comportamento exemplar de toda a poboación nunha xornada excepcional onde apenas ocurreron incidencias salientables”.
Ampliación de desfibriladores en edificios públicos
O pleno comezou coa aprobación por unanimidade dunha proposición sobre habilitar unha partida orzamentaria destinada á implantación de desfibriladores semiautomáticos (DESA) en instalacións municipais; o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones fixo referencia “á falta de mantemento dos DESA dende o 2017 nalgúns centros públicos”, cuestión que puido verificar el xa que realizou cursos gratuítos de formación en tarefas de reanimación cardiopulmonar. Furones recordou a iniciativa Cardi@ngel presentada xunto co tenente alcalde a comezos deste mes de abril, “que inclúe a implantación de dous DESAS novos; un para a comisaría da Policia Local e outro para un vehículo policial”. O concelleiro de Sanidade tamén anunciou a incorporación de dous máis e de ir “instalando paulatinamentque faltan nas instalacións municipais segundo marca a lei”.
Segundo detallaron fontes do goberno, a día de hoxe en Ribeira cóntanse con aparatos dese tipo nas seguintes localizacións: o Grupo de Emerxencias Municipal conta con 5 que levan un e cada vehículo e logo deixan 3 no verán nas praias de moita afluencia. Tamén hai no parque de bombeiros, Concello, Fieiteira, Xulgado, IES Leliadoura, CEIP Frións, CEIP Heroínas de Sálvora, Escola Náutico-Pesqueira, residencia de maiores, porto de Ribeira, club Natural Sport, Cruz Vermella, na Escola de Kenpo Barbanza e Frinsa
Obras públicas
Tamén se aprobou por unanimidade unha proposición para axilizar as obras que están en execución. Nesta proposición o PP puxo en cuestión a dilixencia do actual Goberno na execución das obras do concello, cuestión que foi revatida con datos e argumentando a contextualidade e especificidade de cada unha.
O concelleiro de Obras, Xabier Vidal, botou man dos datos para argumentar que o Concello de Ribeira sitúase como un dos cinco primeiros da provincia da Coruña en nivel de licitacións.
Vidal expuxo un relatorio das obras rematadas ou en execución para ter unha visión global do realizado nestes casi dous anos de mandato.
En Aguiño enumerou o asfaltaado da estrada principal, a rúa Francisco Lorenzo Mariño, e agora nuns meses pavimentarase a rúa Castelao, mellorase a rúa Curbelo e está en execución escola de deportes náuticos e en licitación o conservatorio de Aguiño.
En Castiñeiras rematouse a rexeneración do paseo dos Mosqueiros a pavimentación de Curros e nuns días comezará a renovación da Ameixida.
En Oleiros fíxose o saneamento de Lixó, as beirarrúas e o saneamento da Gándara, o asfaltado dos Muíños e están a piques de iniciarse os vestiarios do campo de fútbol.
En Corrubedo fíxose a pavimentación e dotación de pluviais na rúa dos Pozos e do Colexio, as pistas de Saamil, o saneamento en Bos Aires e temos en execución a senda de Teira.
En Palmeira renovouse o parque da Rochela e estamos co da Horta do Cura, tamén a renovación da rede de auga potable no Barreiro e en Lixó auga e saneamento e nuns meses comezarase coa ampliación da liña de auga potable en Río Azor.
En Carreira mellorouse o firme en Laxes, púxose en marcha o centro social tras 14 anos de parálise, renováronse os parques de Parte ao Río e Campo da Festa; dotouse de abastecemento, pluiviais e pavimentado da rúa Capela e temos en curso a pavimentación do camiño Vilar-Vixán. En Artes temos para adxudicar a rede de saneamento e abastecemento en Arribas e a rede de pluviais en Outeiro. En Olveira realizouse a pavimentación e saneamento no lugar de Sirves e adxudicouse unha ampliación da rede de abastecemento de auga.
En Ribeira estase rematando a reparación da rúa Romero Ortiz e o derrubo da casa para logo crear unha praza, a mellora da Cristóbal Colón en trámites para a súa aprobación na Deputación. Por outra banda actuouse na rúa Mendiño, praza do Centenario, rúa Otero Pedraio, Concello…
Vidal continou tirando de datos e falando de xestión aludindo que “o goberno anterior incorreu en “sobrecustos en obras que superaron os seis millóns de euros en 12 anos”. Para rematar cos datos o concelleiro de Obras, informou que fronte as 23 obras que se sacaban por ano, co goberno actual “subiuse a 30 obras licitadas por ano e no presente xa levamos un total de 11.” Segundo relatou Vidal, “a pesar de termos carencias de persoal no departamento de Contratación estamos como o quinto concello da provincia da Coruña que máis obra pública licita”.
O segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, afeou o léxico empregado na proposta pola súa falta de lexibilidade, tamén falou do sentido da propia proposta que tachou de tautolóxía “todo o que están decindo nesta proposición é de cara a galería e non ten ningún fundamento”.
A concelleira de Facenda, Herminia Pouso, tachou a proposta de alarmista, e argumentou que algunhas das obras que sufriron demoras neste ano foi por mor das condicións meteorolóxicas e tamén pola falta de profesionais que hai no sector da construción”. Pouso tamén fixo referencia á demora da Escola de Deportes Náuticos, “vostedes xa comezaron a obra cunha demora considerable, nós tivemos que facer un modificado do proxecto orixinal xa que no estudo topográfico, se contemplaba un subsolo diferente ao que se atopou, iso supuxo unha paralización da obra que esperamos que se solvente nun prazo razoable”. Herminia finalizou recordando outra obra importante e anunciada a bombo e platillo no seu tempo como era a da supresión da curva da Muñeira en Carreira na que tamén pasou algo parecido coma no caso anterior, xa que a entidade competencial e titular da estrada, a Deputación da Coruña, non deixa modificar o eixo da estrada polo que de pouco serviu a demolición e compra da vivenda cun sobre custo superior á fixada polos técnicos municipais”.
Perído medio de pagamento
O alcalde informou que o período medio de pagamento das facturas no Concello de Ribeira sitúase nos 14 días e para finalizar o pleno procedeuse ao debate dos rogos e preguntas concluíndo así un pleno dunha duración dunha hora e quince minutos.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)