O BNG defende unha residencia accesible, conectada e integrada na vida de Ribeira
Ribeira, 27 de outubro de 2026. O goberno local de Ribeira deu un novo paso para solicitarlle á Xunta a devolución do terreo das Saíñas ao Concello co obxectivo de impedir a construción da residencia pública de maiores nas Saíñas facendo que a única opción para construír esa infraestrutura sexa o monte de San Roque. Ante esta situación o exalcalde e portavoz municipal do BNG, Luís Pérez Barral, advertiu de que esta decisión suporía illar as persoas maiores no medio […]