AD

Arte y Cultura

Rois anima o Nadal con novidades: concurso Adorna Rois e I Trail Montes de Oleirón

today29 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • Este venres día 1 abre a inscrición do concurso co que se convida a veciñanza e establecementos a decorar a vila nestas datas
  • As festas pecharanse o 7 de xaneiro coa primeira edición da proba atlética
  • O programa de conciliación DiverNadal ofrecerá un espazo de aprendizaxe e diversión para escolares entre o 22 de decembro e o 4 de xaneiro
  • Continúan citas clásicas como o concerto da Escola Municipal de Música ou a tradicional cabalgata de Reis

29-11-2023.- O Concello de Rois prepara para este Nadal unha programación diversa dirixida a todos os públicos no que destaca como novidade o concurso Adorna Rois no Nadal, co que se convida a veciñanza e establecementos a decorar a vila nestas datas, así como o Trail e Andaina Montes de Oleirón. Ademais, Rois mantén citas clásicas do Nadal como o concerto da Escola Municipal de Música ou a tradicional cabalgata de Reis.

Como xa vén sendo habitual, Rois deulle a benvida ao Nadal co concurso escolar de postais, certame aberto ao alumnado de primaria e secundaria do municipio do que sairá a tarxeta que o Concello mandará a toda a veciñanza como felicitación de Nadal.

A maiores, e por primeira vez, o Concello roisense convoca un concurso co que busca implicar a comerciantes, hostalería, asociacións e veciñanza na decoración da vila durante estas festas. O prazo de inscrición estará aberto entre este venres día 1 e o 10 de decembro.

Volverá, por outro lado, o programa de conciliación DiverNadal. Coincidindo coas vacacións escolares, entre o 22 de decembro e o 4 de xaneiro, nenas e nenos de 3 anos en adiante disporán dun espazo de lecer e aprendizaxe entre as 7.30 a as 14.30 horas. Tamén se celebrará un ano máis o concerto de Nadal da Escola Municipal de Música de Rois. A cita, no auditorio municipal, está fixada para o sábado 16 de decembro ás 18.00 horas.

Por suposto, non poderá faltar a cabalgata dos Reis Magos e, ao igual que aconteceu nos últimos dous anos, as Súas Maxestades percorrerán ao longo do 5 de xaneiro as parroquias do municipio para saudar e agasallar a toda a cativada. Nenas e nenos terán entón a derradeira oportunidade para facerlle chegar a súas peticións, aínda que antes de rematar
o cole, concretamente o xoves 21 de decembro, axudantes do Apalpador, Papá Noel e os Reis visitarán os centros escolares para recoller as súas cartas.

A programación de Nadal pecharase o 7 de xaneiro coa celebración da primeira edición do Trail e Andaina Montes de Oleirón. As inscricións están abertas ata o 2 de xaneiro na web https://emesports.es/

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%