AD

Actualidad

Rosa Crujeiras toma posesión este venres como reitora da USC

today9 abril, 2026

Fondo
share close
AD

Santiago, xoves 9 de abril de 2026. A profesora Rosa M. Crujeiras Casais tomará posesión do seu cargo como reitora da Universidade de Santiago de Compostela este venres 10 de abril, ás 11.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, nunha cerimonia solemne presidida polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

Ao acto asistirán numerosas autoridades civís e académicas, entre elas os reitores das Universidades de Vigo e A Coruña, Manuel Reigosa Roger e Ricardo Cao Abad, respectivamente, que formarán parte da mesa presidencial.

A cerimonia abriraa o presidente da Xunta, quen dará paso ao discurso do reitor saínte, Antonio López Díaz. A continuación, a secretaria xeral saínte da USC, Diana Santiago Iglesias, anuncia os cesamentos do actual equipo e o nomeamento da profesora Rosa M. Crujeiras, que logo de prometer o cargo e recibir a medalla e o bastón de mando da institución procederá a ler o seu discurso.

De seguido, terá lugar ao nomeamento da nova secretaria xeral da Universidade, Alicia Villalba Sánchez e dos novos vicerreitores e vicerreitoras. Pechará o acto Alfonso Rueda.

O evento será gravado e retransmitido en directo a través da Canle Youtube da USC.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *