Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today5 septiembre, 2024
A edil socialista critica o proceder do executivo de Sanmartín nunha actuación que comezou “sen diálogo coa veciñanza” e na que se deixou “liberdade absoluta á empresa para facer a actuación ao seu antollo” sen pensar, critica, na posibilidade de facela por fases como pedía a veciñanza
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2024.- Coincidindo co anuncio da apertura do primeiro tramo da rúa do Pombal, desde o Grupo Municipal Socialista amosáronse moi críticos co proceder do executivo de Sanmartín nesta actuación censurando a “falta de diálogo coa veciñanza” e a “liberdade absoluta” que desde o goberno local se lle concedeu á empresa para facer a execución “ao seu antollo”. Neste sentido, aínda que se parabeniza da apertura do primeiro tramo, que contribuirá a desconxestionar o cruceiro do Gaio, Mercedes Rosón asegura que aínda queda “moita obra por diante”, toda vez que o que agora se abre á circulación é só a zona do reformado, estando aínda no resto da rúa na fase de conexión das acometidas ás casas.
Rosón cuestiona o proceder nunha actuación que, aínda que cualifica de necesaria -de feito esta obra xa se deixara proxectada desde o goberno socialista de Sánchez Bugallo-, comezou “sen diálogo coa veciñanza” e na que se deixou liberdade á empresa para acometela “sen pensar tan sequera na posibilidade de facela por fases como pedían as veciñas e comerciantes da zona”, provocando “menos molestias nunha das arterias dacidade”.
“A obra faise, pero a costa dos servicios da veciñanza da zona” censura Rosón que tamén amosa as súas dúbidas sobre o remate desta primeira parte da actuación, cunha superficie que “parece estar excesivamente pulida”. Neste sentido, afirma a socialista estar expectante por ver se “cando chegue o tempo das choivas, veremos se os vehículos non escorren Pombal abaixo cando intenten frear”.
Escrito por Líder Redacción
noticias compostela obras politica pombal radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)