AD

Actualidad

Rosón critica a perda de financiación da Deputación para a rehabilitación da Casa da Xuventude

today23 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

O acordo co ente provincial contemplaba que este aportase máis de un millón de euros para acometer unha rehabilitación integral do edificio e a apertura dunha entrada desde o Matadoiro a Belvís

Critica que o goberno encargue un estudo para facer do edificio de Salgueiriños unha casa da Mocidade: “algo que nin responde ao futuro da Casa da Xuventude nin resolve a cuestión do parque de bombeiros”

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2024. Sen novidades sobre o futuro da Casa da Xuventude despois de case un ano de goberno do BNG e Compostela Aberta, logo de que a Deputación de A Coruña dese por vencido o acordo subscrito no seu momento co goberno de Sánchez Bugallo para rehabilitar o edificio e aperturar unha entrada ao parque de Belvís. Unha decisión “a única do bipartito a este respecto” coa que se amosou moi crítica Mercedes Rosón: “as leas internas do bipartito xa lle están custando cartos ao noso Concello”.

A que fora responsable de Urbanismo no pasado mandato aféalle ao executivo de Sanmartín e Rozas que “botasen a perder” esta axuda do ente provincial “á espera de que unha convenza á outra de derribar ou manter” un equipamento público que, desde as filas socialistas, insisten en defender como “estratéxico” para a dinamización do entorno da cidade histórica.

“Trátase dun edificio que, aínda que fallido na súa envolvente, ten moito potencial para o uso do tecido asocia vo e como espazo para a promoción de actividades culturais” recalca a edil socialista. Rosón, lembra que no anteproxecto de reforma que a Deputación presentara a Raxoi, contemplábase a creación de diferentes salas de usos múltiples, así como a recuperación do anfiteatro con capacidade para 250 persoas.

E mentres, anteproxecto para unha nova Casa da Mocidade

“Mentres a Casa da Xuventude segue deteriorándose, agora encargan un estudo para facer do edificio de Salgueiriños unha casa da mocidade”, critica Mercedes Rosón. Unha decisión do bipartito que, aféalle a socialista, “nin resolve a cuestión do parque de bombeiros nin responde o futuro do edificio da Praza do Matadoiro”.

Alertan os socialistas que este proxecto, encargado pola área que dirixe Rozas, entraría en conflito con unha posible ubicación nese mesmo espazo, do parque comarcal de bombeiros para o que, “de momento, tampouco hai alterna va”. Isto cando nun prazo de “dous ou tres anos”, as obras de ampliación do edificio administrativo de San Caetano obrigarán a desaloxar as actuais dependencias dos bombeiros do municipio.

“Igual o goberno quere agora crear unha comisión de estudo”, ironiza Rosón que lamenta que as decisión do goberno local vaian “amodiño”, “salvo as que implican renunciar a financiación e outras institucións”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%