Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Desfile-Concurso do Entroido de Santiago converteuse este ano nun auténtico éxito de participación e ambiente, confirmándose como unha das citas máis agardadas do calendario festivo compostelán.
Centos de persoas tomaron parte nunha comitiva que arrancou ás 17.30 horas desde a avenida de Ferrol, enchendo de cor, música e creatividade as rúas Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, ata rematar na avenida de Xoán Carlos I. Ao longo de todo o percorrido, milleiros de veciños e visitantes arrouparon ás comparsas, carrozas e participantes individuais, nunha tarde marcada polo bo tempo e o excelente ambiente.
A festa continuou na Sala Capitol, onde a partir das 20.00 horas a charanga Ardores puxo ritmo e animación á espera dun dos momentos máis especiais da xornada: a entrega de premios, nun certame que este ano repartiu un total de 16.000 euros, 2.000 máis que na pasada edición.
Un dos aspectos máis destacados foi o incremento da contía nas categorías de comparsas, que por primeira vez equipararon os primeiros premios das agrupacións locais cos das procedentes doutros municipios, nun claro recoñecemento ao traballo e esforzo que hai detrás de cada proposta. Ademais, estreouse unha nova categoría destinada aos centros de ensino, fomentando así a participación da comunidade educativa e a implicación da mocidade nesta tradición.
GAÑADORES:
Carrozas
1º premio: 20.000 leguas de festa submarina
2º premio: Unha viaxe no tempo con ASPAS
3º premio: Na procura do tesouro
Comparsas
1º premio: D’Jarana (Asociación xuvenil D’Jarana)
2º premio: Na procura do tesouro (Asociación Festa do Furón)
3º premio: Mar tropical (Asociación Cultural Mar de Fondo)
Comparsas barrios e parroquias de Santiago
1º premio: Armatroulas, a tribo en festa (Armatroulas de Laraño)
2º premio: Unha viaxe no tempo con ASPAS (Asociación ASPAS)
3º premio: A Ruliña viaxando polo mundo (Asociación Cultural A Ruliña de Laraño)
4º premio: Elfas da flor eterna (Eva del Río Martínez)
Centros educativos
1º premio: Escuelas de la Inmaculada
2º premio: Deserto
Premio á mellor parella
– Costureiriños do Entroido
Premios aos mellores disfraces individuais:
1º premio: Vamos de pesca
2º premio: Deserto
3º premio: Deserto
Premios aos mellores grupos:
1º premio: Rincón dulce
2º premio: Os Furbys
3º premio: Combo Galiciano
O alto nivel das propostas, a orixinalidade dos disfraces e o coidado das carrozas puxeron en valor a creatividade e o compromiso das persoas participantes, que fixeron do Entroido compostelán unha festa plural, interxeracional e cada vez máis consolidada.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)