AD

Actualidad

Rueda destaca o compromiso de Galicia co acollemento familiar tras reunirse con ACOUGO

today23 abril, 2025

Fondo
share close
AD

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo este martes unha reunión coa directora da Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO), Carmen Dourado, na que destacou o compromiso do Goberno galego co sistema de acollemento familiar.

Durante o encontro, puxéronse en valor as medidas impulsadas nos últimos anos, entre as que destaca o incremento das axudas ás familias acolledoras nun máis do 50% nos tres últimos anos. Tal como explicou a conselleira nas súas redes sociais, Galicia é unha das comunidades que máis menores acolle en todo o Estado, e a Xunta vén de dar un novo paso cunha subida das axudas ata os 425 euros para aquelas familias que acollen a menores de entre 1 e 18 anos. Ademais, consolídase a axuda de 600 euros mensuais para as que teñen ao seu cargo bebés de ata 12 meses.

Fabiola García salientou que Galicia é «o mellor lugar do mundo para formar unha familia, sexa cal sexa a súa realidade», e agradeceu a entrega e xenerosidade das familias acolledoras, fundamentais para garantir o benestar dos menores en situación de vulnerabilidade.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *