AD

Actualidad

Santiago abre o prazo de inscrición para a obtención do permiso municipal de condutor de taxi

today25 febrero, 2025

Fondo
share close
AD

O Concello de Santiago lanzou esta semana unha nova convocatoria para a obtención do permiso municipal de condutor/a para prestar servizos de taxi. A proba terá lugar o vindeiro 1 de abril ás 09:00 horas no Edificio CERSIA, situado na rúa Alcalde Raimundo López Pol s/n no barrio de San Lázaro e consistirá nun cuestionario por escrito no que se formularán quince preguntas: dez delas relativas aos coñecementos necesarios e cinco itinerarios nos que se facilitará un punto de saída e un de chegada, debendo seleccionar a resposta que representa o percorrido máis curto, tendo en conta os sinais de tráfico.

As persoas interesadas en realizar a proba deberán dirixir a súa solicitude á alcaldesa do Concello de Santiago ata o vindeiro 11 de marzo, empregando o modelo MO040 dispoñible na sede electrónica do Concello, xunto coa documentación pertinente. A solicitude poderá presentarse a través da sede electrónica (trámite: ‘obtención do permiso municipal de condutor’) ou de xeito presencia no Rexistro Xeral do Concello sito na rúa Presidente Salvador Allende nº 4 baixo en horario de 9:00 a 13:00 horas ou en calquera dos lugares indicados na Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *