AD

Actualidad

Santiago abre o prazo para solicitar as bolsas de comedor escolar, material e actividades extraescolares

today11 junio, 2025

Fondo
share close
AD

Este xoves, 12 de xuño, ábrese o prazo para solicitar as bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o próximo curso 2025-2026, unha vez publicada onte a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Para facilitar a tramitación, a concellaría de Dereitos e Servizos Sociais organiza dúas xornadas informativas abertas a todas as persoas interesadas.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria das bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o curso 2025-2026, á que a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude destina un orzamento de 1,1 millón de euros. O prazo para a presentación de solicitudes será de dez días hábiles, contados a partir de mañá.

Xornadas informativas

Para facilitar a tramitación, a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais organiza xornadas informativas abertas ás familias, que se celebrarán na Casa das Asociacións de Benestar Social en Salgueiriños. Será hoxe, 12 de xuño, e o mércores 18, con dúas sesións en cada xornada, ás 9.00 e ás 11.30 horas.

A convocatoria establece tres modalidades de bolsas: as dirixidas a familias con escaseza de recursos económicos, que poden ser bolsas de comedor ou bolsas para a realización de actividades extraescolares; as bolsas para a adquisición de material escolar para o segundo ciclo de educación infantil; e as bolsas de comedor para facilitar a conciliación.

Na modalidade das bolsas de comedor dirixidas a familias con escaseza de recursos introdúcese unha novidade relativa ás contías. O importe máximo da axuda será de 100 euros mensuais, fronte aos 90 de anteriores convocatorias. No caso de que o importe abonado polas familias sexa inferior, a bolsa será polo total xustificado. Ao igual que na convocatoria anterior, a axuda poderá chegar ata os 180 euros mensuais no caso dos centros de educación especial.

Nas demais modalidades de axudas mantéñense os importes da convocatoria anterior. As bolsas de comedor por razóns de conciliación quedaron fixadas en 45 euros mensuais; as axudas para a adquisición de material escolar serán de 100 euros nun pago único, fronte aos 60 euros do curso 2023-2024; e as bolsas para a realización de actividades extraescolares serán de 15 euros mensuais no caso de actividades de 1 hora ou un día á semana, e ata 30 euros mensuais para o caso de actividades dende 2 horas ou 2 días á semana.

En todos os casos, mantense a rebaixa nos umbrais de renda que xa foran aprobados o ano pasado co obxectivo de chegar a máis familias.

No curso 2024-2025, grazas ao aumento do orzamento e á simplificación dos requisitos, o departamento de Dereitos e Servizos Sociais chegou con esta convocatoria a máis nenos e nenas que nunca, máis de 2.000. En concreto concedéronse 808 bolsas de comedor escolar por escaseza de recursos (171 máis que no curso 2023-2024); 600 axudas para actividades extraescolares (113 máis que un ano antes); 309 bolsas de comedor escolar por motivos de conciliación (149 máis); e 279 axudas para a compra de material escolar (112 máis). Desta maneira, case o 20% das crianzas de entre 3 e 12 anos empadronadas en Santiago recibiron bolsas de comedor. O 48,5% delas, 620, recibiron por primeira vez unha axuda na convocatoria do curso pasado.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *