Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
No acto participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil, xunto con representantes do resto de entidades colaboradoras: o subdelegado do Goberno en A Coruña, Julio Abalde; a responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; o director do Auditorio de Galicia, Xaquín López; o director da SGAE na zona noroeste, Miguel Diéguez; e o director do festival, José Francisco Saavedra.
Organizado pola empresa MusicArte e a Asociación Cultural Tres por Catro, o SiSONS é un festival con vocación profesional que combina programación aberta ao público e encontros para o sector musical.
A programación desenvolverase en escenarios emblemáticos de Compostela, como a Casa das Máquinas, a Sala Capitol, a Riquela, a Borriquita de Belém, a Casa das Crechas, o Pazo de San Roque, o Parque de Bonaval, a sede da SGAE e as dependencias da Secretaría Xeral da Lingua, convertendo a cidade nun auténtico enclave musical e cultural durante catro xornadas.
As xornadas profesionais, entre o mércores 15 e o venres 17, incluirán paneles sobre dereitos de autor, apoio á industria musical e festivais internacionais, ademais de espazos de networking, presentacións de proxectos e sesións de pitching.
No apartado artístico, o público poderá gozar dos showcases de Kreze, Francisco Moreira, Crudas, Melón Jiménez & Lara Wong, Neval e Aksak, así como dos concertos de SeKadra, Leni Pérez, Bala + Acouga + Adhara & Ritman e Exeria + Billy Flamingos + De Ninghures, estes dous últimos na Sala Capitol. A programación complétase o sábado 18 cunha xornada aberta no Parque de Bonaval, con actuacións de Leyenda Ártabra, Fiandola, Coanhadeira e Maghúa.
Desde a súa creación en 2016, o SiSONS Enclave Musical consolidouse como un proxecto singular no panorama cultural galego, apostando pola igualdade, a inclusión, a sustentabilidade e o uso da lingua galega, ademais da innovación e o apoio ao talento emerxente.
Toda a programación do festival, pode consultarse na web www.sisons.gal
Escrito por Líder Redacción
Asociación Cultural tres por catro Director Sisons Festival Sisons José Francisco Saavedra Musicarte Sisons sisons 2025
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)