Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 junio, 2024
17/06/2024 Na súa sesión ordinaria, a Xunta de Goberno deu luz verde á adxudicación do contrato para o servizo de conservación, reparación e pequena reforma de diversos edificios e instalacións dependentes do Concello de Santiago de Compostela para os vindeiros dous anos. Ademais, aprobou a Oferta de Emprego correspondente ao 2024.
O Concello de Santiago destinará 1.420.172,60 euros ao servizo de conservación, reparación e pequena reforma de diversos edificios e instalacións municipais, cuxa adxudicación recaeu na empresa Espina y Delfín.
En virtude deste contrato actuarase sobre centros de educación infantil e primaria, para o que se destina unha partida de 800.000 euros; sobre edificios de administración xeral (228.000 euuros); sobre edificios deportivos, cun orzamento total de 200.000 euros; e sobre varios centros socioculturais (192.172 euros). O contrato ten unha duración de dúas anualidades.
Na mesma sesión, acordouse a prórroga do contrato de prestación do servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e do arboredo do concello polo prazo de dous anos a contar dende o 1 de setembro de 2024 ata o 31 de agosto de 2026 co seguinte reparto por anualidades: anualidade 2024: 1.258.237,45 euros; anualidade 2025: 3.774.712,34 euros + 121.000 euros en traballos complementarios; anualidade 2026: 2.516.474,89 euros + 121.000 euros traballos complementarios.
No ámbito das obras, aprobouse o expediente de contratación do proxecto de «ampliación da plataforma do viario entre Cañoteira e Outeiro de Marrozos (2ª fase)», dentro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (plan único de concellos) POS+ 2021 da Deputación Provincial da Coruña, cun orzamento base de licitación de 356.700,00 € (base impoñible de 294.793,39 € máis IVE do 21% por valor de 61.906,61 €).
Así mesmo, autorizouse o inicio de trámites para proceder á recepción das obras de rehabilitación de firme, mellora da accesibilidade e seguridade peonil na rúa Camiño dos Vilares, tramo rúa Camiños da Vida- rúa Follas Novas; e deuse luz verde á certificación final das obras de mellora da accesibilidade no concello de Santiago.
En canto ás licenzas, aprobouse a concesión á Xunta de Galicia da relativa á mellora das condicións de accesibilidade no CEIP PLURILINGÜE DE VITE 1, sito na avda Burgo das Nacións, cun orzamento de execución material de 84.712,20 euros. Nesta mesma Xunta de Goberno aprobouse a suspensión cautelar para a reforma da vixente normativa de usos do Plan especial de protección no ámbito da cidade histórica (PE-1).
Aprobación da Oferta de Emprego para o ano 2024
O executivo municipal deu luz verde á Oferta de Emprego de 2024, que recolle un total de 66 prazas, 33 das cales se corresponden coa quedan libre. As restantes 33 destínanse á promoción interna.
No que respecta á quenda libre, 10 prazas son para a administración xeral (4 técnico/as, 4 técnico/as de xestión e 2 administrativos/as); e 16 correspóndense con postos de administración especial (1 enxeñeiro/a industrial; 1 arqueólogo/a
1 técnico/a de protocolo; 1 técnico/a medio en informática; 2 traballadores/as sociais; 1 axente de emprego; 1 educador/a social/familiar; 1 enxeñeiro/a agroforestal; 1 técnico/a auxiliar en redes; 1 delineante; 2 oficiais de servizos (1 soldadura e 1 fontanería); 1 técnico/a de mantemento en deportes; 1 músico trompa e 1 músico percusión. As 7 prazas restantes son para o corpo da Policía Local, das que 3 se reservan para o procedemento de mobilidade interadministrativa.
Escrito por Líder Redacción
colexios licitacion radio lider santiago reformas xunta de gobermo
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)