AD

Actualidad

Santiago conta hoxe cun policía local e tres bombeiros: «Sanmartín perdeu o pulso da xestión da cidade”

today27 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

• Olaya Otero subliñou que “o responsable desta situación é o mesmo concelleiro responsable, ou irresponsable, da falta de contratos dos centros socioculturais, do transporte urbano ou o da Praza de Abastos, por iso, insistimos: ata cando seguirá a alcaldesa respaldando a neglixente xestión de Xan Duro?”.

• “Non hai un departamento deste goberno de BNG e CA que funcione minimamente como Santiago necesita, é claro que Goretti Sanmartín perdeu o pulso da xestión da cidade”, agregou De la Fuente.

Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero e José Ramón de la Fuente, denunciaron, en rolda de prensa, que hoxe “as veciñas e veciños da capital de Galicia, as persoas que nos visitan e o noso patrimonio, non teñen garantida a súa seguridade de producirse algunha emerxencia”.

José Ramón de la Fuente reiterou que “o número de bombeiros por quenda non cubre os efectivos mínimos esixidos polo propio Plan de emerxencias municipal, que establece o ideal de 12 efectivos por quenda, e como mínimo 9, pero no mellor dos casos hai habitualmente 5 por quenda, pero hoxe só hai 3 bombeiros e un policía local patrullando”.

“Se agora mesmo, -destacou De la Fuente- hai un incidente, só haberá un modo de atendelo, a capital de Galicia tería que pedir apoio aos bombeiros de Brión, Boiro, Ordes ou de calquera outro lugar da contorna, algo que xa non é unha hipótese, porque isto ocorreu a noite do venres, cando tiveron que desprazarse a Santiago varias unidades de bombeiros do GES de Brión e de Padrón, para extinguir dous incendios que se produciron”.

“Hai uns días a alcaldesa, cando denunciabamos outra problemática da cidade, acusábamos de dar nomes e apelidos dun cidadán anónimo, algo que non é verdade, pero hoxe si preguntamos, con nomes e apelidos a Goretti Sanmartín Rey e a todos e cada un dos concelleiros e concelleiras do seu goberno, si dormen tranquilos pola noite ante esta grave situación”, preguntou a edil popular.

A concelleira popular descoñece se, “Xan Duro durme tranquilo sabendo que, si se produce unha urxencia, non hai recursos para responder á mesma e, polo tanto, se pon en risco a seguridade dos veciños?; dende cando sabe o goberno de BNG e CA que a capital de Galicia estaría hoxe sen bombeiros?; a quen fai responsable Goretti Sanmartín desta situación? e se se producirá algún cese por ter chegado a este punto?”.

Olaya Otero subliñou que “o artífice desta situación é o mesmo concelleiro responsable, ou irresponsable, da falta de contrato dos centros socioculturais, a falta de contrato do transporte urbano e a falta de contrato da Praza de Abastos, por iso, insistimos: ata cando vai seguir a alcaldesa respaldando a neglixente xestión de Xan Duro?”.

Así mesmo, engadiu que “queremos saber que vai a facer o goberno de BNG e CA para arranxar de inmediato esta gravísima situación e que máis ten que pasar para que admitan que o seu goberno minoritario non é capaz de xestionar a capital de Galicia?”.

Pola súa banda, De la Fuente remarcou que “reclamamos varias veces, sen éxito, levar ao máximo as posibilidades da OEP, co fin de priorizar prazas de bombeiros e policías, levando aos bombeiros a cubrir estas carencias por responsabilidade coa cidade e os seus propios compañeiros realizando horas extras que este goberno municipal leva máis dun ano se pagar”.

“É irresponsable que o BNG e CA demoren o pagamento das horas extra, tanto a policías locais como a bombeiros desde hai máis dun ano, Santiago ten un grave problema e o goberno local non toma conciencia do lamentable da situación, non só se conforma co actual déficit de efectivos e non prioriza a incorporación de máis, senón que pon atrancos a que cobren as horas extras que, por propia responsabilidade, se prestan a realizar tanto policía como bombeiros”.

A realidade, explicou o concelleiro, é que “o único que fixo o goberno de Goretti Sanmartín respecto do parque de bombeiros foi anuncios da súa comarcalización, pero a partir de aí nada de nada, segue paralizado por culpa do propio goberno de BNG e CA, que non é capaz de presentar o proxecto de construción do novo parque, déronse moita presa en anunciar o acordo da comarcalización e a nova localización do parque, pero cando se teñen que poñer a traballar en serio, a propaganda deixa paso ao silencio”.

De la Fuente subliñou que “a parálise, a incapacidade e a indolencia é xa marca de identidade na xestión deste goberno nacionalista, que non ten ámbito nin departamento que escape da súa lamentable xestión, pero cando estamos a falar do básico, seguridade e emerxencias, esta indolencia tornase en neglixencia, e se o fai ademais a pesar das advertencias tanto de policías, como bombeiros, en neglixencia grave, polo que esiximos unha solución urxente”.

“Non hai un departamento deste goberno de BNG e CA que funcione minimamente como Santiago necesita, é claro que Goretti Sanmartín perdeu o pulso da xestión da cidade”, finalizou o popular.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *