AD

Actualidad

Santiago continuará dando servizo de transporte urbano á urbanización dos Tilos (Teo)

today9 julio, 2024

Fondo
share close
AD

A Xunta de Goberno acordou remitir ao Pleno a aprobación da prórroga do convenio formalizado polos concellos de Santiago e Teo e pola Xunta de Galicia para a coordinación dos servizos de transporte público con orixe e destino na urbanización dos Tilos. O acordo manterase nos mesmos termos nos que foi aprobado en 2020, e estará vixente ata o 30 de setembro de 2028.

A prórroga do convenio fora un dos asuntos abordados polo concelleiro de Mobilidade, Convivencia, e Centros Socioculturais, Xan Duro, na reunión que mantivo coa directora xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Judit Fontenla. O acordo vixente foi asinado en 2020 por un periodo de catro anos e agora, coa prórroga que debe aprobar o Pleno, daríaselle continuidade ás expedicións que a empresa de transporte urbano de Santiago vén facendo á urbanización dos Tilos, no termo municipal de Teo, desde o ano 2015. Estas viaxes, nas liñas 6 e 12, manteñen as mesmas tarifas e bonos que calquera outra do servizo urbano de Santiago.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%